Blog · Ancares – Terras de Burón, primeiro destino de ecoturismo da provincia de Lugo

Ancares – Terras de Burón, primeiro destino de ecoturismo da provincia de Lugo

Asociación de Ecoturismo en España (AEE) vén de aceptar a solicitude de incorporación do Xeodestino Ancares – Terras de Burón ao Club Ecoturismo en España, converténdonos así no primeiro destino de ecoturismo da provincia de Lugo e o segundo de Galicia.

Espazos de gran riqueza natural e paisaxística, establecementos senlleiros, gastronomía local, visitas a granxas familiares, rutas en plena natureza e as diversas experiencias de turismo sostible que se desenvolven na zona de Ancares – Terras de Burón fixeron posible este recoñecemento.

ecoturismo é unha forma de turismo responsable enfocado na conservación dos recursos naturais e que promove o respecto e a preservación da biodiversidade, a cultura e a economía local. A Asociación Española de Ecoturismo (AEE) é unha entidade sen ánimo de lucro que ten como obxectivo promover e desenvolver o turismo sostible en España; traballando para fomentar a educación ambiental e o turismo de natureza como unha ferramenta para conservar os recursos naturais e culturais do territorio.

Desde a Asociación Montes e Vales Orientais, que é o ente xestor do Xeodestino Ancares – Terras de Burón, preparouse unha candidatura ao Club Ecoturismo en España baseada na gran riqueza natural e cultural do noso territorio. Esta candidatura foi aprobada, recoñecendo Ancares – Terras de Burón como un lugar ideal para aquelas persoas que buscan experiencias sostibles e en contacto coa natureza.

O presidente do Xeodestino, Carlos López deu a coñecer a nova incidindo en que “Isto é un impulso importante para o turismo na zona e atraerá un tipo de visitante moi acorde co que nós queremos ofrecer como destino turístico”.

No noso Xeodestino contamos cun gran potencial para atraer ecoturistas. Estes 13 concellos da montaña lucense contan cunha importante riqueza natural e paisaxística: engloban 6 espazos Red Natura 2000 (que suman o 50% da superficie total de Red Natura de Galicia) e 3 Reservas da Biosfera. Un entorno natural privilexiado considerado fonte de biodiversidade pola gran cantidade de especies de flora e fauna autóctona que aquí se atesoura.

Levamos varios anos traballando nun modelo de turismo sostible, que poña en valor os recursos naturais que temos, que sexa respectuoso coas formas de vida no territorio e que contribúa á economía local. Este recoñecemento vén a confirmar e consolidar esta liña estratéxica para nós”, sinalou López.

A declaración da Asociación Española de Ecoturismo (AEE) coloca a nosa zona no mapa dos destinos turísticos sostibles máis importantes de España, o que servirá tamén para aumentar a visibilidade e o coñecemento deste territorio.

Que podes ler aquí?

Entradas relacionadas

foto_carbon_libro
Xeodestino

Aprender da montaña: educación ambiental para viaxar de maneira responsable

Cada 26 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental, unha data que nos convida a reflexionar...
pontedosmazos
Xeodestino

Vive Ancares Terras de Burón a través das experiencias de ecoturismo

Ser un destino ecoturista non significa só conservar a natureza, senón ofrecer experiencias que permitan comprendela, sentila e...
torre-doncos-mirador
Xeodestino

Sete miradoiros que te deslumbrarán

Déixate seducir polo Xeodestino Ancares Terras de Burón gozando das panorámicas que proporcionan os impresionantes miradoiros que temos esparexidos polo noso territorio. Hoxe...
chaodopousadoirojpg
Xeodestino

Paraxes e áreas onde refrescarse no verán

Cando a calor aperta no verán, unha das mellores opcións para refrescarse dentro do noso Xeodestino é acudir...