Busca o selo "Cociña de Ancares Terras de Burón"

Cando visites o noso territorio, déixate guiar polos establecementos certificados co selo ‘Cociña de Ancares Terras de Burón’. O emprego de produtos de calidade e a posta en valor do sabor da tradición, son as máximas da rede de pequenos negocios que pertencen a este clube e que podes atopar por todo o noso territorio. Partindo dunha excelente materia prima, ofrecemos unha proposta gastronómica con experiencias que te achegan á esencia da montaña lucense. 

Non só poderás saborear deliciosos pratos elaborados con produtos locais, senón que tamén poderás visitar os lugares de onde proceden os ingredientes que se empregan: as campas onde se crían as nosas vacas e tenreiros, os apiarios e cortíns, os obradoiros nos que se elabora cervexa e embutidos, os viñedos e adegas… e por suposto, poderás desfrutar das nosas paisaxes e do noso patrimonio natural e cultural.

Establecementos nos que probar a Cociña de Ancares Terras de Burón

Para visualizar o mapa, acepta as cookies.
Preme aquí

Máis sobre Cociña de Ancares Terras de Burón

Unha cociña por descubrir. Acompáñanos!

Farmacia natural_ xeodestino
Xeodestino

Xeodestino Ancares – Terras de Burón: destino de benestar en conexión coa natureza

En 2025, o estudo Ambio situaba España á cabeza dos países máis desconectados da natureza a escala mundial....
Conxunto etnográfico O Cebreiro_Pedrafita do Cebreiro__
Xeodestino

7 museos no xeodestino Ancares · Terras de Burón para descubrir a vida na montaña

A montaña lucense é moito máis que paisaxe e sendeirismo; é un territorio vivo cheo de herdanza etnográfica,...
Destino astroturístico Starlight Os Ancares
Xeodestino

Destino Starlight: Gozar dos ceos estrelados dos Ancares a simple vista

A Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses garda un dos tesouros máis fascinantes da noite galega: a calidade...
Seimeira de Vilagocende (provisional)
Xeodestino

5 fervenzas agochadas nos Ancares Terras de Burón para gozar do verán.

O verán invítanos a baixar o ritmo, buscar a sombra e refrescarnos. E se che dixéramos que tamén...