Vista panorámica de Sarria coa agulla dunha igrexa en primeiro plano
Torre da Fortaleza de Sarria

Sarria

Un destino con moitos camiños por descubrir

Sarria é unha vila cunha forte identidade xacobea, marcada polo paso do Camiño Francés, que atravesa o seu territorio e converte a localidade nun dos principais puntos de partida das persoas peregrinas cara a Santiago de Compostela.

O seu casco histórico conserva un importante legado medieval, con lugares como a Torre da Fortaleza, a igrexa de San Salvador, a igrexa de Santa Mariña ou o Mosteiro da Madalena. Pero Sarria tamén é un destino para gozar da natureza con calma. O río Sarria vertebra boa parte da paisaxe e ofrece espazos para pasear e descubrir lugares como a Foz das Aceas, un bosque de ribeira con antigos muíños, pasarelas e unha gran diversidade de flora e fauna. A riqueza gastronómica, a tradición artesanal, as feiras e as celebracións populares completan unha proposta turística que combina patrimonio, natureza e vida local.

Podes atoparnos aquí

Entradas relacionadas con Sarria

Unha terra por descubrir. Acompáñanos!

Non se atoparon entradas relacionadas