Blog · Sons e Arte na Palleira. Música, cultura e experiencias no rural

Sons e Arte na Palleira. Música, cultura e experiencias no rural

Arte na palleira

Que teñen en común unha casa rural, un xardín comestible, unha ruta teatralizada e un concerto de música clásica? Todos poden converterse no escenario dunha experiencia cultural diferente grazas a Sons e Arte na Palleira.

Esta iniciativa nace coa vontade de achegar a música clásica a espazos singulares do rural, creando encontros nos que a cultura, a gastronomía e os propios proxectos que dan vida ao territorio se combinan para ofrecer algo máis ca un concerto.

Cada encontro comeza cunha experiencia proposta polas persoas anfitrioas, vinculada á súa actividade, á súa historia ou á contorna na que se desenvolve. Deste xeito, cada localización ofrece unha proposta diferente: desde descubrir o xardín comestible de Casa do Bico ata achegarse aos mitos e lendas de Galicia nos Apartamentos Sons do Eo ou participar nunha ruta teatralizada na contorna de Antollos do César.

As actividades tamén permiten crear espazos para compartir en familia, con propostas como obradoiros infantís, mentres as persoas adultas gozan da programación cultural.

Despois chega o momento da música. Concertos de música clásica en lugares pouco habituais, onde a proximidade entre artistas e público e o encanto dos propios espazos crean unha atmosfera especial. A xornada remata cunha degustación de produtos do Club de Cociña Ancares–
Terras de Burón, que pon o sabor local ao servizo dunha experiencia que reúne cultura, gastronomía e identidade.

Sons e Arte na Palleira demostra que o rural é tamén un escenario extraordinario para a creación cultural. Unha maneira diferente de descubrir os proxectos, as persoas e os lugares que fan de Ancares–Terras de Burón un territorio cheo de vida.

Que podes ler aquí?

Entradas relacionadas

Taberna Boieiria, Baleira
Xeodestino

Pousada da Boiería, unha experiencia doutra época

Hai lugares que gardan moito máis do que vemos a primeira ollada. A Pousada da Boiería, situada en...
Sons do Eo Mitos e lendas
Xeodestino

Experiencia Sons do Eo, unha viaxe polos mitos e lendas de Galicia

E se durante a túa próxima escapada á montaña puideses descubrir algúns dos mitos e lendas que forman...
Castelo de Doiras- Cervantes
Xeodestino

5 cousas que non esperas atopar cando visitas Ancares – Terras de Burón

Cando pensas nunha escapada a un territorio como Ancares – Terras de Burón, que abrangue tres Reservas da...
Farmacia natural_ xeodestino
Xeodestino

Xeodestino Ancares – Terras de Burón: destino de benestar en conexión coa natureza

En 2025, o estudo Ambio situaba España á cabeza dos países máis desconectados da natureza a escala mundial....