Blog · Visita de traballo ó Parque Natural de Fuentes del Narcea

Visita de traballo ó Parque Natural de Fuentes del Narcea

O vindeiro día 7 de novembro terá lugar unha visita ao Parque Natural de Fuentes del Narcea, Degaña e Ibias que organizamos xunto ao GDR Alto Narcea Muniellos.

Está dirixida ás persoas interesadas no ecoturismo e as persoas que desenvolven a súa actividade profesional en ámbitos relacionados, como poden ser membros da administración local, técnicos e técnicas de turismo, emprendedoras do entorno, empresarios…

É importante facer a reserva antes do día 5 de novembro nos teléfonos 696 144 429 ou 982 355 290.

A saída será ás 7 da mañá dende Pedrafita do Cebreiro e o programa é o seguinte:

  • Recepción ás 10 da mañá polos alcaldes de Cangas del Narcea, Ibias e Degaña, no salón de plenos do Concellos de Cangas del Narcea.
  • Ás 11 comeza a visita guiada por Cangas del Narcea.
  • Ás 12 faremos unha visita guiada por Asturias Apícola no lugar de Tebongo.
  • Ás 13 horas visitaremos a bodega Monasterio de Corias.
  • Ás 14.30 faremos unha pausa para comer en Casa del Río, en Cangas del Narcea.
  • Logo de comer, ao redor das 16.30 horas, teremos un encontro coa Asociación de Turismo Rural Fuentes del Narcea para falar sobre Desenvolvemento ecoturístico. Atoparemonos en Posada de Rengos.
Que podes ler aquí?

Entradas relacionadas

pontedosmazos
Xeodestino

Vive Ancares Terras de Burón a través das experiencias de ecoturismo

Ser un destino ecoturista non significa só conservar a natureza, senón ofrecer experiencias que permitan comprendela, sentila e...
WhatsApp-Image-2025-08-08-at-12.17.16-scaled
Xeodestino

Torés Escapado 2025: a memoria que revive

O vindeiro 9 de agosto, a pequena aldea de Torés, no concello das Nogais, volverá transformarse nun escenario...
Cabanas_de_Ancares3
Xeodestino

6 empresas da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses que teñen certificado de ecoturismo

A Casa do Bico, Naviaventours, a Casa O’ Crego, Las Cabañas de Ancares, o Hotel Piornedo e Equusquera son as seis empresas que ofrecen os seus...
Eo-Xunta
Xeodestino

4 empresas da Reserva Río Eo, Oscos e Terras de Burón con certificado de ecoturismo

A Tirolina da Mina (A Pontenova), Sons do Eo Apartamentos Turísticos (Baleira), a Casona de Labrada (A Pontenova)...