Presentación «Déixate Marabillar»

Tras varios meses, reunións, cafés e ata unha pandemia mundial… Arrancan os proxectos máis esperados de Ancares Terras de Burón! 😍

Sabes cales son? Descubrímolos nesta semana de alta intensidade no Xeodestino 👇

O pasado mércores reunímonos en O Cávado cos grupos de traballo de Cociña de Ancares Terras de Burón, un orixinal e innovador produto turístico co que, grazas á colaboración dos produtores locais, visitantes e veciños poderán coñecer máis a fondo o noso territorio a través dos mellores sabores da zona. Os padais máis exquisitos están de noraboa! 🤤

Pero as novidades non rematan aquí. Ao día seguinte, o presidente do Xeodestino Ancares Terras de Burón, o presidente da Deputación de Lugo e o alcalde do Concello de A Fonsagrada, acompañados polo resto de alcaldes do Xeodestino e as empresas e asociacións do territorio, deron a coñecer en A Fonsagrada a campaña de promoción turística Déixate Marabillar, na que 41 empresas ofertarán experiencias turísticas únicas nos dez concellos do Xeodestino 🔝

Que máis podemos pedir! Este verán, escolle a túa experiencia e #déixatemarabillar por Ancares Terras de Burón 💚

Moi pronto, moita máis información!

Montes Vales Orientais #XeodestinoAncaresTerrasdeBuron #AncaresTerrasdeBuron #TurismoGalicia #Ancares #CociñadeAncaresTerrasdeBuron #TurismoRural #TurismoLugo #Gastronomía

Follow us on Social Media