Busca o selo "Cociña de Ancares Terras de Burón"

Cando visites o noso territorio, déixate guiar polos establecementos certificados co selo ‘Cociña de Ancares Terras de Burón’. O emprego de produtos de calidade e a posta en valor do sabor da tradición, son as máximas da rede de pequenos negocios que pertencen a este clube e que podes atopar por todo o noso territorio. Partindo dunha excelente materia prima, ofrecemos unha proposta gastronómica con experiencias que te achegan á esencia da montaña lucense

Non só poderás saborear deliciosos pratos elaborados con produtos locais, senón que tamén poderás visitar os lugares de onde proceden os ingredientes que se empregan: as campas onde se crían as nosas vacas e tenreiros, os apiarios e cortíns, os obradoiros nos que se elabora cervexa e embutidos, os viñedos e adegas… e por suposto, poderás desfrutar das nosas paisaxes e do noso patrimonio natural e cultural.

Establecementos nos que probar a Cociña de Ancares Terras de Burón

Para visualizar o mapa, acepta as cookies.
Preme aquí

Máis sobre Cociña de Ancares Terras de Burón

Unha cociña por descubrir. Acompáñanos!

maranfallos
Xeodestino

Entroiro nos Ancares: cando a identidade se agocha para celebrar en comunidade

Nalgunhas zonas dos Ancares, o entroido chámase entroiro. E non é un detalle menor. O nome fala dunha...
foto_carbon_libro
Xeodestino

Aprender da montaña: educación ambiental para viaxar de maneira responsable

Cada 26 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental, unha data que nos convida a reflexionar...
pontedosmazos
Xeodestino

Vive Ancares Terras de Burón a través das experiencias de ecoturismo

Ser un destino ecoturista non significa só conservar a natureza, senón ofrecer experiencias que permitan comprendela, sentila e...
torre-doncos-mirador
Xeodestino

Sete miradoiros que te deslumbrarán

Déixate seducir polo Xeodestino Ancares Terras de Burón gozando das panorámicas que proporcionan os impresionantes miradoiros que temos esparexidos polo noso territorio. Hoxe...