Blog · Atención, atención! Estamos de estreno!

Atención, atención! Estamos de estreno!

Xa podes descubrir a fondo o Xeodestino Ancares Terras de Burón desde a túa propia casa a través da nosa nova páxina web.

Natureza, historia, cultura, patrimonio, gastronomía… desvelamos todos os tesouros que agochan estas terras que abrazan as montañas e, o máis importante, como gozar deles cos mellores plans, experiencias e ofertas que as empresas do Xeodestino crearon para ti a través de DÉIXATE MARABILLAR, a nova iniciativa que percorre o territorio.

Como, como? Interésame! Creamos a campaña DÉIXATE MARABILLAR para que veciños e visitantes descubran a fondo Ancares Terras de Burón gozando de 41 experiencias exclusivas con actividades únicas, ofertas especiais, agasallos, e moito máis!

Entra en https://ancaresterrasdeburon.gal/deixate-marabillar/, descubre todas as experiencias e ofertas dispoñibles, reserva a túa preferida (ou preferidas!) e o mellor paso de todos… Ven gozar dela!

Ademais, participando nesta iniciativa entrarás no sorteo de varios lotes de produtos locais de calidade de Ancares Terras de Burón.

Que máis se pode pedir? Consegue toda a información na nosa web e Déixate Marabillar por Ancares Terras de Burón!

Que podes ler aquí?

Entradas relacionadas

Destino astroturístico Starlight Os Ancares
Xeodestino

Destino Starlight: Gozar dos ceos estrelados dos Ancares a simple vista

A Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses garda un dos tesouros máis fascinantes da noite galega: a calidade...
Seimeira de Vilagocende (provisional)
Xeodestino

5 fervenzas agochadas nos Ancares Terras de Burón para gozar do verán.

O verán invítanos a baixar o ritmo, buscar a sombra e refrescarnos. E se che dixéramos que tamén...
Ancares Cycling
Xeodestino

Ancares Cycling Marathon: un desafío entre montañas que leva o nome dos Ancares por toda España

O vindeiro 9 de agosto de 2026, as estradas de montaña dos Ancares volverán converterse no escenario dunha...
blog_xatb_casadobico (2)
Xeodestino

Casa do Bico: habitar a montaña, compartir o territorio

Na ladeira da montaña, entre paisaxe aberta e silencio de Ferrañol, en Becerreá, atópase Casa do Bico, un...