Blog · As Nogais recupera a Ruada de 1900, reivindicándose como Terra de Camiños

As Nogais recupera a Ruada de 1900, reivindicándose como Terra de Camiños

A Asociación Cultural Abrente, en colaboración co Concello de As Nogais e con outras entidades recuperou o pasado día 11 a Ruada de 1900, que se vira suspendida pola pandemia. Nesta edición reivindicouse o papel de As Nogais como Terra de Camiños dende a peregrinación do Monse alemán Hermann Künig, ata 1900.

Organizouse unha andaina polo tramo de Pedrafita As Nogais da Vía de Künig, na que preto de 70 persoas puideron coñecera ruta, da man da asociación de Amigos do Camiño da Vía de Künig.
Houbo actuacións de música e baile durante toda a xornada a cargo das aulas de Abrente e da Banda de As Nogais. A tardiña celebrouse un concurse de caracterizacións de 1900, nas que se premiaron as mellores caracterizacións acordes ca temática do evento.

O colofón final á xornada púxoo un concerto das cantareiras de Abrente, e a obra Hermann Künig , soñando o Camiño Xacobeo, a cargo do grupo de teatro de Abrente. Esta representación á que acudiron alcaldes e concelleiros dos concellos da Vía de Künig, puxo de manifesto as vivencias e o choque cultural da chegada dun monxe alemán a terras da montaña de Lugo. A obra contou ca financiación do programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

Que podes ler aquí?

Entradas relacionadas

maranfallos
Xeodestino

Entroiro nos Ancares: cando a identidade se agocha para celebrar en comunidade

Nalgunhas zonas dos Ancares, o entroido chámase entroiro. E non é un detalle menor. O nome fala dunha...
foto_carbon_libro
Xeodestino

Aprender da montaña: educación ambiental para viaxar de maneira responsable

Cada 26 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental, unha data que nos convida a reflexionar...
pontedosmazos
Xeodestino

Vive Ancares Terras de Burón a través das experiencias de ecoturismo

Ser un destino ecoturista non significa só conservar a natureza, senón ofrecer experiencias que permitan comprendela, sentila e...
torre-doncos-mirador
Xeodestino

Sete miradoiros que te deslumbrarán

Déixate seducir polo Xeodestino Ancares Terras de Burón gozando das panorámicas que proporcionan os impresionantes miradoiros que temos esparexidos polo noso territorio. Hoxe...