Blog · Presentación «Déixate Marabillar»

Presentación «Déixate Marabillar»

Tras varios meses, reunións, cafés e ata unha pandemia mundial… Arrancan os proxectos máis esperados de Ancares Terras de Burón!
Sabes cales son? Descubrímolos nesta semana de alta intensidade no Xeodestino.

O pasado mércores reunímonos en O Cávado cos grupos de traballo de Cociña de Ancares Terras de Burón, un orixinal e innovador produto turístico co que, grazas á colaboración dos produtores locais, visitantes e veciños poderán coñecer máis a fondo o noso territorio a través dos mellores sabores da zona. Os padais máis exquisitos están de noraboa!

Pero as novidades non rematan aquí. Ao día seguinte, o presidente do Xeodestino Ancares Terras de Burón, o presidente da Deputación de Lugo e o alcalde do Concello de A Fonsagrada, acompañados polo resto de alcaldes do Xeodestino e as empresas e asociacións do territorio, deron a coñecer en A Fonsagrada a campaña de promoción turística Déixate Marabillar, na que 41 empresas ofertarán experiencias turísticas únicas nos dez concellos do Xeodestino.

Que máis podemos pedir! Este verán, escolle a túa experiencia e #déixatemarabillar por Ancares Terras de Burón.

Moi pronto, moita máis información!

Que podes ler aquí?

Entradas relacionadas

maranfallos
Xeodestino

Entroiro nos Ancares: cando a identidade se agocha para celebrar en comunidade

Nalgunhas zonas dos Ancares, o entroido chámase entroiro. E non é un detalle menor. O nome fala dunha...
foto_carbon_libro
Xeodestino

Aprender da montaña: educación ambiental para viaxar de maneira responsable

Cada 26 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental, unha data que nos convida a reflexionar...
pontedosmazos
Xeodestino

Vive Ancares Terras de Burón a través das experiencias de ecoturismo

Ser un destino ecoturista non significa só conservar a natureza, senón ofrecer experiencias que permitan comprendela, sentila e...
torre-doncos-mirador
Xeodestino

Sete miradoiros que te deslumbrarán

Déixate seducir polo Xeodestino Ancares Terras de Burón gozando das panorámicas que proporcionan os impresionantes miradoiros que temos esparexidos polo noso territorio. Hoxe...