Blog · O turismo en espazos rurais e protexidos. Encontros profesionais

O turismo en espazos rurais e protexidos. Encontros profesionais

Os vindeiros días 20 e 21 de xullo terán lugar dúas xornadas de encontros profesionais do sector turístico ao redor do desenvolvemento turístico en espazos protexidos.

O turismo rural, nas súas diversas modalidades (agroturismo, ecoturismo, enoturismo…) permite diversificar a economía rural con actividades innovadoras. Este é un factor clave para que se manteñan as formas de vida tradicionais, que modelaron as paisaxes culturais que se protexen na actualidade.

Conservar o patrimonio natural e cultural implica xestionalo. O obxectivo destes encontros é analizar o potencial do turismo como factor de desenvolvemento económico, social e ambiental.

Coa programación desta actividade, búscase abrir un proceso de debate sobre as posibilidades do territorio, presentar experiencias e casos de éxito que teñen un alto efecto demostrativo e tamén xerar dinámicas de relación entre os axentes locais implicados no sector (políticos, técnicos, profesionais, empresariado, persoas emprendedoras…).

O prazo para inscribirse nas xornadas remata o vindeiro 18 de xullo. As persoas que desexen participar, poderán indicalo no email montes.vales.orientais@gmail.com ou no teléfono 659 275 743.

Que podes ler aquí?

Entradas relacionadas

Conxunto etnográfico O Cebreiro_Pedrafita do Cebreiro__
Xeodestino

7 museos no xeodestino Ancares · Terras de Burón para descubrir a vida na montaña

A montaña lucense é moito máis que paisaxe e sendeirismo; é un territorio vivo cheo de herdanza etnográfica,...
Destino astroturístico Starlight Os Ancares
Xeodestino

Destino Starlight: Gozar dos ceos estrelados dos Ancares a simple vista

A Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses garda un dos tesouros máis fascinantes da noite galega: a calidade...
Seimeira de Vilagocende (provisional)
Xeodestino

5 fervenzas agochadas nos Ancares Terras de Burón para gozar do verán.

O verán invítanos a baixar o ritmo, buscar a sombra e refrescarnos. E se che dixéramos que tamén...
Ancares Cycling
Xeodestino

Ancares Cycling Marathon: un desafío entre montañas que leva o nome dos Ancares por toda España

O vindeiro 9 de agosto de 2026, as estradas de montaña dos Ancares volverán converterse no escenario dunha...