Blog · Premio CONAMA 2022 ao Xardín de Polinizadores Fernando Fueyo

Premio CONAMA 2022 ao Xardín de Polinizadores Fernando Fueyo

O Xardín de Polinizadores Fernando Fueyo da Asociación Corripa recibiu o luns día 21 de novembro de 2022 o Premio Conama á “Sostenibilidad de Pequeños y Medianos Municipios”.

Un recoñecemento máis que merecido para esta iniciativa que forma parte da nosa rede de Micropaisaxes. Un xardín de 3.500 metros cadrados en Pena de Nogueira, no límite entre Galicia e Asturias, consagrado ao coidado da biodiversidade, á observación e á divulgación científica.

O apicultor e divulgador Alberto Uría, creou un espazo singular, coas condicións óptimas para a proliferación de insectos no seu hábitat natural. Isto permite, ademais do asentamento en interacción de múltiples especies, a súa observación e estudo con fins científicos e divulgativos. A abundancia de plantas, flores e insectos, fai deste lugar un verdadeiro paraíso para os amantes da macro fotografía. Ao lado do xardín, atópase o eco museo O País do Abeyeiro, dedicado ao apaixonante mundo de las abellas e o mel.

Nesta ligazón podedes atopalo no noso mapa bit.ly/JardinPolinizadores.

Que podes ler aquí?

Entradas relacionadas

blog_xatb_casadobico (2)
Xeodestino

Casa do Bico: habitar a montaña, compartir o territorio

Na ladeira da montaña, entre paisaxe aberta e silencio de Ferrañol, en Becerreá, atópase Casa do Bico, un...
eclipse solar galicia ancares terras de burón
Xeodestino

Ver o eclipse solar total de 2026 no xeodestino Ancares - Terras de Burón: unha experiencia única entre montañas

O 12 de agosto de 2026 Galicia converterase nun dos lugares privilexiados do mundo para observar un dos...
maranfallos
Xeodestino

Entroiro nos Ancares: cando a identidade se agocha para celebrar en comunidade

Nalgunhas zonas dos Ancares, o entroido chámase entroiro. E non é un detalle menor. O nome fala dunha...
foto_carbon_libro
Xeodestino

Aprender da montaña: educación ambiental para viaxar de maneira responsable

Cada 26 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental, unha data que nos convida a reflexionar...