Blog · Explorando Ancares Terras de Burón con Fran Lorenzo

Explorando Ancares Terras de Burón con Fran Lorenzo

Neste artigo queremos convidarte a percorrer o Xeodestino Ancares Terras de Burón sen desprazarte do sitio no que estás lendo isto. Pouco importa se estás lendo estas liñas desde o teu teléfono móbil, tablet ou ordenador; máis perto de nós ou máis lonxe, estamos seguros de que conseguiremos achegarte un pouco máis ao noso territorio.

Nos últimos meses estamos facendo unha colaboración con Fran Lorenzo, un creador de contidos que percorreu todos os rincóns do noso territorio entrevistando á xente que o habita. Estas conversas deron como resultado máis de 40 vídeos que Fran foi compartindo nas súas redes sociais (ligadas ao final deste artigo) e dous documentais sobre o xeodestino e os seus produtos turísticos.

Seguindo a nosa encomenda e recomendacións, Fran coñeceu aos produtores e establecementos que están detrás da Cociña de Ancares Terras de Burón, probou as experiencias Déixate Marabillar, percorreu a nosa Rede de Micropaisaxes e selou o seu Pasaporte Gastronómico en varias das feiras e festas gastronómicas que se celebraron estes meses.

O territorio a través dos seus protagonistas

Seguindo o fío do material que se creou para esta campaña, facemos un percorrido que nos leva a coñecer establecementos turísticos singulares, restaurantes, espazos naturais, monumentos, proxectos innovadores e persoas emprendedoras.

Que podes ler aquí?

Entradas relacionadas

maranfallos
Xeodestino

Entroiro nos Ancares: cando a identidade se agocha para celebrar en comunidade

Nalgunhas zonas dos Ancares, o entroido chámase entroiro. E non é un detalle menor. O nome fala dunha...
foto_carbon_libro
Xeodestino

Aprender da montaña: educación ambiental para viaxar de maneira responsable

Cada 26 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental, unha data que nos convida a reflexionar...
pontedosmazos
Xeodestino

Vive Ancares Terras de Burón a través das experiencias de ecoturismo

Ser un destino ecoturista non significa só conservar a natureza, senón ofrecer experiencias que permitan comprendela, sentila e...
torre-doncos-mirador
Xeodestino

Sete miradoiros que te deslumbrarán

Déixate seducir polo Xeodestino Ancares Terras de Burón gozando das panorámicas que proporcionan os impresionantes miradoiros que temos esparexidos polo noso territorio. Hoxe...