Rede de Micropaisaxes

QUE É UNHA MICROPAISAXE

Dicimos estar ante unha micropaisaxe cando localizamos un pequeno espazo en torno a un elemento singular, natural ou artificial, que compón unha imaxe tan agradable que atrae a nosa atención.

A proximidade de quen observa e as sensacións que xera esa vista son os dous aspectos principais e necesarios para que poidamos caracterizar unha micropaisaxe. Fronte á paisaxe convencional,  onde a nosa ollada abarca a miúdo varios quilómetro e é imposible tocar os seus elementos desde a posición de observación, as micropaisaxes están a tan só uns metros. Podemos tocalas, movernos  na súa contorna, compoñer unha ou varias imaxes cos elementos que as rodean e conforman.

Trátase sempre, ademais, de conxuntos visuais que han de xerar sensacións pracenteiras na ou no visitante, xa sexa pola composición, as pegadas do paso do tempo (mesmo do abandono), os son (o murmurio da auga, o vento, o canto dos paxaros), os olores, o silencio, a calma. É neste punto onde reside o seu verdadeiro valor. Nesta capacidade para que novas sensacións, de cote persoais e subxectivas, aboien na súa contemplación. Pensemos, por exemplo, nunha pequena capela sen maior transcendencia arquitectónica. Conformará unha micropaisaxe, malia o seu pouco valor histórico ou monumental, se está integrada nun conxunto harmonioso que compoña unha imaxe de grande atractivo, coa percepción sensorial de sons, olores e matices que, en conxunto, xerarán unha grata experiencia de observación.

¿QUÉ ES UN MICROPAISAJE?

Decimos estar ante un micropaisaje cuando localizamos un pequeño espacio en torno a un elemento singular, natural o artificial, que compone una imagen tan agradable que atrae nuestra atención.

La cercanía de quien observa y las sensaciones que le genera esa vista son los dos aspectos principales y necesarios para que podamos caracterizar un micropaisaje. Frente al paisaje convencional, donde nuestra mirada abarca a menudo varios kilómetros y es imposible tocar sus elementos desde la posición de observación, los micropaisajes están a tan solo unos metros. Podemos tocarlos,  movernos en su entorno, componer una o varias imágenes con los elementos que los rodean y conforman.

Se trata siempre, además, de conjuntos visuales que han de generar sensaciones placenteras en la o el visitante, ya sea por la composición, las huellas del paso del tiempo (incluso del abandono) los sonidos (el murmullo del agua, el viento, el canto de los pájaros), los olores, el silencio, la calma. Es en este punto donde reside su verdadero valor. En esta capacidad para que nuevas sensaciones, con frecuencia personales y subjetivas, afloren en su contemplación. El valor intrínseco del elemento que lo singulariza tiene menos peso en su caracterización. Pensemos, por ejemplo, en una pequeña capilla sin mayor trascendencia arquitectónica. Conformará un micropaisaje, a pesar de su poco valor histórico o monumental, si está integrada en un conjunto armonioso que componga una imagen de gran atractivo, con la percepción sensorial de sonidos, olores y matices que, en conjunto, generarán una grata experiencia de observación.

COMO ACCEDER A ELAS

A meirande parte das micropaisaxes atópanse en contornas naturais ou en lugares con condicións de accesibilidade que é importante coñecer de antemán, de xeito que contemos co alzado adecuado, as características do terreo, a distancia a percorrer, etc. Clasifícanse de acordo coas seguintes tipoloxías:

  • a. Acceso verde. Chégase en coche, por estrada ou pista asfaltada ou camiñando unha distancia curta, sen esforzo, non hai barreiras físicas que impidan o acceso.
  • b. Acceso amarelo. Pódese chegar en coche, por pista sen asfaltar, ou camiñando unha distancia inferior a tres quilómetros. Pode haber subidas e baixadas no camiño que requiran un esforzo moderado.
  • c. Acceso laranxa. Chégase en coche todo terreo, por pista sen asfaltar ou camiñando unha distancia superior a tres quilómetros. Pode haber subidas e baixadas no camiño que requiran un esforzo maior.
  • d. Acceso vermello. Só se pode acceder a pé, a través dun sendeiro. Pode haber subidas e baixadas no camiño que requiran un esforzo maior. A progresión ten de facerse con coidado.
  • e. Acceso negro. Só se pode acceder a pé, a través dun sendeiro, pero o camiño é difícil e entraña certo perigo, con risco de caídas, etc.
  • f. Acceso marrón. Trátase dun terreo mixto, xa que en ocasións nunha mesma micropaisaxe se combinan dous ou máis tipos de acceso.

CÓMO ACCEDER A ELLOS

La mayoría de los micropaisajes se encuentran en entornos naturales o en lugares con condiciones de accesibilidad que es importante conocer de antemano, de forma que contemos con el calzado adecuado, el tipo de terreno, la distancia, etc. Se clasifican de acuerdo a las siguientes tipologías:

  • a. Acceso verde. Se llega en coche, por carretera o pista asfaltada, o caminando una corta distancia, sin esfuerzo. No hay barreras físicas que impidan el acceso.
  • b. Acceso amarillo. Se puede llegar en coche, por pista sin asfaltar, o caminando una distancia inferior a tres kilómetros. Puede haber subidas y bajadas en el camino, lo que requiere un esfuerzo moderado.
  • c. Acceso naranja. Se llega en coche todoterreno, por pista sin asfaltar, o caminando una distancia superior a tres kilómetros. Puede haber subidas y bajadas en el camino que requieran un esfuerzo mayor.
  • d. Acceso rojo. Solo se puede acceder a pie, a través de un sendero. Puede haber subidas y bajadas en el camino que requieran un esfuerzo mayor. La progresión ha de hacerse con cuidado.
  • e. Acceso negro. Solo se puede acceder a pie, a través de un sendero, pero el camino es difícil y entraña cierto peligro, con riesgo de caídas, etc.
  • f. Acceso marrón. Se trata de un terreno mixto, ya que en ocasiones en un mismo micropaisaje se combinan dos o más tipos de acceso.

Mapa multimedia

Catálogo completo

Colabora

Follow us on Social Media