Xornadas da Tenreira de Ancares Terras de Burón
Esta iniciativa, promovida polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Montes e Vales Orientais, inclúe tamén unha gran degustación o sábado 27 de abril na Feira de San Marcos da Fonsagrada.
Restaurantes confirmados e receitas
Neste listado podes atopar os establecementos confirmados e as especialidades que preparan para estas xornadas, así como os teléfonos para facer a túa reserva:
A Lareira - Chandevilar, As Nogais - Tel. 636 648 174
- Chuleta de Tenreira Galega
- Entrecosto de Tenreira Galega
- Patacas guisadas con Tenreira Galega ao queixo do Cebreiro
Podes ver máis información sobre A Lareira aquí.
Mesón Catro Ventos - Barbeitos, A Fonsagrada - Tel. 982 340 151
- Carpaccio de solombo de Tenreira Galega (raza vianesa de gandeiría propia)
- Chuletón de Tenreira Galega (raza vianesa de gandeiría propia)
Podes ver máis información sobre o Mesón Catro Ventos aquí.
A Tenda de Asgafon - A Fonsagrada - Tel. 607 610 468
- Tenreira guisada (dispoñible tódalas semanas)
- Albóndegas con arroz
- Cachopo
- Callos de tenreira
- Carne ao caldeiro
- Carrilleras ao viño tinto
- Escalopes en salsa de queixo azul
- Guiso de agulla de tenreira
- Pasta con tenreira picada
Podes ver máis información sobre A Tenda de Asgafon aquí.
Mesón Catroventos - Catroventos, Cervantes - Tel. 982 36 45 49
- Entrecosto de tenreira (Por encarga)
- Chuleta de tenreira (Por encarga)
- Chuletón de tenreira (Por encarga)
- Carne ao caldeiro
- Churrasco de tenreira
- Tenreira guisada
Restaurante Rivera - Becerreá - Tel. 982 360 185
- Entrecosto de tenreira
- Tenreira asada
- Chuleta de tenreira
- Filete de tenreira
Restaurante Boavista - Becerreá - Tel. 982 360 853
- Carne asada
- Filete de tenreira
- Chuleta de tenreira
- Churrasco de tenreira
Podes ver máis información sobre o Restaurante Boavista aquí.
Recuncho D'Vane - Baleira - Tel. 618 966 710
- Hamburguesa de tenreira
Podes ver máis información sobre o Recuncho D’Vane aquí.
Restaurante A Marronda - Baleira - Tel. 982 354 108
- Xarrete guisado con verduras
- Churrasco de tenreira
- Filete de tenreira
- Chuleta de tenreira
- Cachopo de tenreira
Podes ver máis información sobre A Marronda aquí.
Restaurante Neireo - Baleira - Tel. 982 355 248
- Tenreira asada
- Carne ao caldeiro
Casa do Chao - Vilaverde, Navia de Suarna - Tel. 680 275 490
- Solombo de tenreira
- Entrecosto de tenreira
- Chuleta de tenreira
Podes ver máis información da Casa do Chao aquí
Casa Sidrón - Pieiga, Negueira de Muñiz - Tel. 655 838 199 / 679 628 066
- Albóndigas de tenreira ecolóxica
- Entrecosto de tenreira
- Cachopo de tenreira
Podes ver máis información sobre a Casa Sidrón aquí.
Caserío Meiroi - Mosteiro, Navia de Suarna - Tel. 659 030 341
- Rabo de novillo frieirés
- Osobuco de novillo frieirés
- Redondo de novillo
- Chuleta de boi / novillo
- Chuletón de boi / novillo
- Entrecosto de boi / novillo
- Solombo de boi / novillo
Podes ver máis información sobre o Caserío Meiroi aquí.
Cafe Bar Xegunde - Navia de Suarna - Tel. 982 365 117 / 649 243 958
- Xarrete con castañas
- Llana ao Pedro Ximénez
- Solombo de tenreira
Restaurante A Escola - Navia de Suarna - Tel. 982 365 251 / 661 561 058
- Chuletón de tenreira
- Solombo de tenreira
- Osobuco á milanesa
- Chuletón de vaca vella
- Solombo de vaca vella
Podes ver máis información sobre o Restaurante A Escola aquí.
Mesón Aarau - Navia de Suarna - Tel. 982 365 084
- Tenreira asada
- Rabo estofado
- Lingua de tenreira
- Carrilleira de tenreira
- Carne ao caldeiro
- Callos de tenreira
- Fígado de tenreira encebolado
- Albóndigas de tenreira
Podes ver máis información sobre o Mesón Aarau aquí.
Tes un restaurante ou casa de comidas e queres adherirte?
A inscrición permanece aberta e os hostaleiros interesados en participar nesta iniciativa poden anotarse chamando ao número de teléfono 659 275 743.
Entre o 12 e o 30 de abril, os restaurantes e casas de comidas que se adheriron a estas Xornadas da Tenreira de Ancares Terras de Burón elaborarán os seus pratos con este ingrediente e empregando sempre produtos de proximidade e de produción local, unha garantía que ofrece precisamente o feito de ter o distintivo da ‘Cociña de Ancares Terras de Burón’.
Gran degustación e máis xornadas
Así mesmo, o sábado 27 de abril levarase a cabo na Fonsagrada unha gran degustación de Tenreira Galega aproveitando a celebración da Feira de San Marcos, unha das principais feiras de gando do territorio.
Estas xornadas forman parte da aposta do GDR Montes e Vales Orientais por promocionar o consumo de produtos locais nos negocios de restauración da zona e así colaborar ao mesmo tempo co fortalecemento da economía local. Ao longo do ano iranse celebrando outras xornadas centradas nun prato ou ingrediente en cada ocasión. Neste mes de abril é a quenda da tenreira, que lle toma a remuda ao cocido de montaña, cuxa exaltación se levou a cabo durante o pasado mes de febreiro, aproveitando a celebración do Entroido.