A LAREIRA

A Lareira, casa de uso agrícola durante séculos, foi restaurada e adaptada para gozar das actuais comodidades sen perder a súa esencia e orixe.
O ano 1999 abrimos as nosas instalacións de máis de 650 metros, distribuídas en 7 cuartos dobres con baño, salón con cheminea, comedor, cociña, soportal, corredor, xardín, terraza e barbacoa. Tamén ofrecemos servizo de comedor.
Ideal para gozar da tranquilidade e o acougo con familia ou amigos. Xa sexa en celebracións, grupos de traballo ou retiros.
Situada en Chan de Vilar, As Nogais, Reserva da Biosfera Os Ancares. En plena natureza e a escasos 4 km da Vía Künig e o bosque dos Grobos.
Desde a nosa porta comeza o Roteiro dá Torre de Doncos. Atravesando bosques de castiñeiros centenarios, fontes, pontes e regatos, ata chegar a beiras do río Navia, onde se atopa a Torre Fortaleza. A pé ou en bicicleta de montaña, é un roteiro moi recomendable para amantes da fotografía, avistamento de paxaros, flora e fauna.
PRATOS CERTIFICADOS ‘COCIÑA DE ANCARES TERRAS DE BURÓN’
- Cocido da Montaña
- Chuleta de Tenreira Galega
- Entrecosto de Tenreira Galega
- Patacas guisadas con Tenreira Galega ao queixo do Cebreiro
INFORMACIÓN E RESERVAS
Chan de Vilar – As Nogais, 27617, Lugo
TELÉFONO CONTACTO:
636 648 174