As Guías de Micropaisaxes xa están chegando ao territorio
No mes de xullo, no marco das xornadas de encontros profesionais sobre turismo sostible en espazos naturais protexidos, presentouse a guía de micropaisaxes, un lugar onde figuran un total de 144 micropaisaxes, novos destinos para visitar nos 13 concellos que forman parte do GDR e do Xeodestino Ancares-Terras de Burón. Os técnicos de turismo de cada concello foron os que colaboraron para a súa elaboración.
Se non coñecedes o que é unha micropaisaxe, aquí vos deixamos a súa definición: é un espazo que xera un punto positivo na vista do turista, sendo así un aspecto subxectivo que depende do observador.
Fomos facendo entrega destas guías nos diferentes establecementos de cada concello. Aquí vos ensinamos unhas imaxes do reparto que fixemos. Ademais, tamén vos deixamos a ligazón co mapa onde os podedes atopar. Animádevos!