Blog · Vive Ancares Terras de Burón a través das experiencias de ecoturismo

Vive Ancares Terras de Burón a través das experiencias de ecoturismo

Ser un destino ecoturista non significa só conservar a natureza, senón ofrecer experiencias que permitan comprendela, sentila e respectala. En Soy Ecoturista, Ancares Terras de Burón aparece como un territorio onde o ecoturismo se vive con todos os sentidos, a través de propostas que conectan paisaxe, cultura e comunidade.

Temos a sorte de poder afirmar que non somos un destino turístico sen máis: somos un destino de ecoturismo certificado pola Asociación de Ecoturismo de España, o único en toda a provincia de Lugo e o terceiro en Galicia en obter esta distinción.

Os destinos certificados en Galicia – que contan tamén con propostas sostibles e de calidade – ademais do noso Xeodestino, son:

  • Islas Atlánticas de Galicia – Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
  • Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo – Reserva da Biosfera de Mariñas Coruñesas.

Ser parte deste grupo sopón formar parte dunha comunidade cada vez máis consciente de que o turismo poder ser unha ferramenta de conservación, coñecemento e desenvolvemento local, e non simplemente unha actividade de consumo.

Que che aporta subscribirte ao boletín de Soy Ecoturista?

Soy Ecoturista ten un boletín de novas pensado para persoas que queren ir máis aló da simple viaxe:

  • Boas prácticas sobre como visitar espazos naturais con respecto.
  • Propostas de experiencias en destinos certificados.
  • Recursos para viaxar de forma sostible e consciente.
  • Ideas para planificar a túa escapada de xeito que respecte o entorno e favoreza ás comunidades locais.

Podes subscribirte nesta ligazón, de forma gratuíta. Estar nesta comunidade non só significa recibir contidos interesantes, significa formar parte dun movemento que pon en valor a natureza, a cultura e as formas de vida locais.

Isto tamén te pode conectar co traballo dos outros destinos que comparten este enfoque. O ecoturismo é unha forma de viaxar, sentir e coidar o lugar que visitas.

Seimeira de Vilagocende – A Fonsagrada

Que experiencias de ecoturismo te están agardando en Ancares Terras de Burón?

O Xeodestino Ancares Terras de Burón forma parte de tres Reservas da Biosfera -Os Ancares Lucenses; Río Eo, Oscos e Terras de Burón; e Terras do Miño-, unha singularidade que reforza o seu compromiso coa conservación, o ecoturismo e o desenvolvemento sostible.

Experiencias de enoturismo

Como destino certificado, o Xeodestino Ancares Terras de Burón ofrece propostas que encaixan cun ecoturismo activo, diverso e respectuoso coa natureza e coa identidade local, por exemplo:

  • Vivir Ancares Terras de Burón con todos os sentidos: experiencias que combinan rutas, observación de natureza, contacto coa comunidade e paisaxe.
  • Camiñar polos camiños históricos: onde a propia travesía cobre vida.
  • Tradicións vivas como a trashumancia gandeira, os teitos de palla e actividades de apiturismo, que conectan coa cultura local.
  • Experiencias enolóxicas na IXP Terras do Navia, para saborear a paisaxe desde outra perspectiva.
  • Ecoturismo en bosques e cosmética natural.
  • Observación da fauna dos Ancares Terras de Burón como parte da experiencia de vida natural na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses.

Estas experiencias non son actividades illadas, xa que están deseñadas para que aprendas, respectes e participes no territorio, non só como espectador, senón como visitante consciente.

Que podes ler aquí?

Entradas relacionadas

blog_xatb_casadobico (2)
Xeodestino

Casa do Bico: habitar a montaña, compartir o territorio

Na ladeira da montaña, entre paisaxe aberta e silencio de Ferrañol, en Becerreá, atópase Casa do Bico, un...
eclipse solar galicia ancares terras de burón
Xeodestino

Ver o eclipse solar total de 2026 no xeodestino Ancares - Terras de Burón: unha experiencia única entre montañas

O 12 de agosto de 2026 Galicia converterase nun dos lugares privilexiados do mundo para observar un dos...
maranfallos
Xeodestino

Entroiro nos Ancares: cando a identidade se agocha para celebrar en comunidade

Nalgunhas zonas dos Ancares, o entroido chámase entroiro. E non é un detalle menor. O nome fala dunha...
foto_carbon_libro
Xeodestino

Aprender da montaña: educación ambiental para viaxar de maneira responsable

Cada 26 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental, unha data que nos convida a reflexionar...