Blog · O Xeodestino Terras de Burón desembarca en Menorca!

O Xeodestino Terras de Burón desembarca en Menorca!

A xerente do GDR Montes Vales Orientais e do Xeodestino Ancares Terras de Burón, Fe Álvarez, representa ao noso territorio no V Congreso Nacional de Ecoturismo que se celebra na illa balear de Menorca, un encontro de referencia entre todos os actores implicados no ecoturismo en España que congrega a máis de 200 participantes de todo o país.

O noso territorio, que posúe tres Reservas de Biosfera e o 47% da superficie Red Natura de toda a provincia de Lugo non podía faltar nun encontro deste nivel! Un escaparate único para presentar o noso modelo turístico baseado na sustentabilidade e a natureza e os proxectos que actualmente temos en marcha: Cociña de Ancares Terras de Burón e Déixate Marabillar.

E si, marabillamos a todo o país cos encantos do noso territorio!

Ademais, traemos máis boas novas… O ano que vén xogamos na casa! Galicia será a anfitrioa da VI edición do Congreso Nacional De Ecoturismo, concretamente, os nosos veciños da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Ata que a esperada cita chegue, vive o ecoturismo en Ancares Terras de Burón e déixate marabillar pola natureza en estado puro.

Que podes ler aquí?

Entradas relacionadas

blog_xatb_casadobico (2)
Xeodestino

Casa do Bico: habitar a montaña, compartir o territorio

Na ladeira da montaña, entre paisaxe aberta e silencio de Ferrañol, en Becerreá, atópase Casa do Bico, un...
eclipse solar galicia ancares terras de burón
Xeodestino

Ver o eclipse solar total de 2026 no xeodestino Ancares - Terras de Burón: unha experiencia única entre montañas

O 12 de agosto de 2026 Galicia converterase nun dos lugares privilexiados do mundo para observar un dos...
maranfallos
Xeodestino

Entroiro nos Ancares: cando a identidade se agocha para celebrar en comunidade

Nalgunhas zonas dos Ancares, o entroido chámase entroiro. E non é un detalle menor. O nome fala dunha...
foto_carbon_libro
Xeodestino

Aprender da montaña: educación ambiental para viaxar de maneira responsable

Cada 26 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental, unha data que nos convida a reflexionar...