Blog · Xornadas da Tenreira de Ancares Terras de Burón

Xornadas da Tenreira de Ancares Terras de Burón

A tenreira criada en Ancares Terras de Burón será a grande protagonista do que resta de mes de abril no Xeodestino. As xornadas dedicadas a este produto arrincan este venres 12 de abril e estenderanse ata o día 30 coa participación dos establecementos de restauración do territorio certificados co selo ‘Cociña de Ancares Terras de Burón.

Esta iniciativa, promovida polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Montes e Vales Orientais, inclúe tamén unha gran degustación o sábado 27 de abril na Feira de San Marcos da Fonsagrada.

Restaurantes confirmados e receitas

Neste listado podes atopar os establecementos confirmados e as especialidades que preparan para estas xornadas, así como os teléfonos para facer a túa reserva:

  • A Lareira – Chandevilar, As Nogais – Tel. 636 648 174
  • Mesón Catro Ventos – Barbeitos, A Fonsagrada – Tel. 982 340 151
  • A Tenda de Asgafon – A Fonsagrada – Tel. 607 610 468
  • Mesón Catroventos – Catroventos, Cervantes – Tel. 982 36 45 49
  • Restaurante Rivera – Becerreá – Tel. 982 360 185
  • Restaurante Boavista – Becerreá – Tel. 982 360 853
  • Recuncho D’Vane – Baleira – Tel. 618 966 710
  • Restaurante A Marronda – Baleira – Tel. 982 354 108
  • Restaurante Neireo – Baleira – Tel. 982 355 248
  • Casa do Chao – Vilaverde, Navia de Suarna – Tel. 680 275 490
  • Casa Sidrón – Pieiga, Negueira de Muñiz – Tel. 655 838 199 / 679 628 066
  • Caserío Meiroi – Mosteiro, Navia de Suarna – Tel. 659 030 341
  • Cafe Bar Xegunde – Navia de Suarna – Tel. 982 365 117 / 649 243 958
  • Restaurante A Escola – Navia de Suarna – Tel. 982 365 251 / 661 561 058
  • Mesón Aarau – Navia de Suarna – Tel. 982 365 084

Tes un restaurante ou casa de comidas e queres adherirte?

inscrición permanece aberta e os hostaleiros interesados en participar nesta iniciativa poden anotarse chamando ao número de teléfono 659 275 743.

Entre o 12 e o 30 de abril, os restaurantes e casas de comidas que se adheriron a estas Xornadas da Tenreira de Ancares Terras de Burón elaborarán os seus pratos con este ingrediente e empregando sempre produtos de proximidade e de produción local, unha garantía que ofrece precisamente o feito de ter o distintivo da ‘Cociña de Ancares Terras de Burón’. 

Gran degustación e máis xornadas

Así mesmo, o sábado 27 de abril levarase a cabo na Fonsagrada unha gran degustación de Tenreira Galega aproveitando a celebración da Feira de San Marcos, unha das principais feiras de gando do territorio.

Estas xornadas forman parte da aposta do GDR Montes e Vales Orientais por promocionar o consumo de produtos locais nos negocios de restauración da zona e así colaborar ao mesmo tempo co fortalecemento da economía local. Ao longo do ano iranse celebrando outras xornadas centradas nun prato ou ingrediente en cada ocasión. Neste mes de abril é a quenda da tenreira, que lle toma a remuda ao cocido de montaña, cuxa exaltación se levou a cabo durante o pasado mes de febreiro, aproveitando a celebración do Entroido.

Que podes ler aquí?

Entradas relacionadas

WhatsApp-Image-2025-08-08-at-12.17.16-scaled
Xeodestino

Torés Escapado 2025: a memoria que revive

O vindeiro 9 de agosto, a pequena aldea de Torés, no concello das Nogais, volverá transformarse nun escenario...
Cabanas_de_Ancares3
Xeodestino

6 empresas da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses que teñen certificado de ecoturismo

A Casa do Bico, Naviaventours, a Casa O’ Crego, Las Cabañas de Ancares, o Hotel Piornedo e Equusquera son as seis empresas que ofrecen os seus...
Eo-Xunta
Xeodestino

4 empresas da Reserva Río Eo, Oscos e Terras de Burón con certificado de ecoturismo

A Tirolina da Mina (A Pontenova), Sons do Eo Apartamentos Turísticos (Baleira), a Casona de Labrada (A Pontenova)...
foto-grupo
Xeodestino

A 1ª Andaina Xubileo Ancares celebrouse entre San Pedro de Tortes e San Pedro de Cadoalla

A 1ª Andaina Xubileo Ancares, celebrada o pasado domingo 9 de febreiro, foi un auténtico éxito de participación e ambiente. Ducias...