Blog · Xornadas da Troita de Ancares Terras de Burón

Xornadas da Troita de Ancares Terras de Burón

Os nosos ríos de montaña sempre tiveron a fama de dar boas troitas. Na actualidade hai varias piscifactorías que aproveitan as súas augas para criar troitas ben saborosas e nos restaurantes e casas de comidas do Xeodestino Ancares Terras de Burón, podes desfrutar delas.

Este mes de maio adicámolo ás Xornadas da Troita de Ancares Terras de Burón que dan comezo este venres 10 de maio e estenderanse ata o día 19 coa participación dos establecementos de restauración do territorio certificados co selo ‘Cociña de Ancares Terras de Burón’ e coa piscifactoría de Santalla, en Ribeira de Piquín como produtor certificado.

Restaurantes participantes

Neste listado podes atopar os establecementos que participan nas xornadas e as especialidades que preparan, así como os teléfonos para facer a túa reserva:

  • Casa Sidrón – Pieiga, Negueira de Muñiz – Tel. 655 838 199
  • Restaurante Rivera – Becerreá – Tel. 982 360 185
  • Restaurante Boavista – Becerreá – Tel. 982 360 853
  • Caserío Meiroi – Mosteiro, Navia de Suarna – Tel. 659 030 341
  • Restaurante A Marronda – Baleira – Tel. 982 354 108
  • Mesón Aarau – Navia de Suarna – Tel. 982 365 084
  • Mercar troitas na Piscifactoría de Santalla – Ribeira de Piquín

Tes un restaurante ou casa de comidas e queres adherirte?

inscrición permanece aberta e os hostaleiros interesados en participar nesta iniciativa poden anotarse chamando ao número de teléfono 659 275 743.

Entre o 10 e o 19 de maio, os restaurantes e casas de comidas que se adheriron a estas Xornadas da Tenreira de Ancares Terras de Burón elaborarán as súas receitas con este ingrediente e empregando sempre produtos de proximidade e de produción local, unha garantía que ofrece precisamente o feito de ter o distintivo da ‘Cociña de Ancares Terras de Burón’. 

Que podes ler aquí?

Entradas relacionadas

Conxunto etnográfico O Cebreiro_Pedrafita do Cebreiro__
Xeodestino

7 museos no xeodestino Ancares · Terras de Burón para descubrir a vida na montaña

A montaña lucense é moito máis que paisaxe e sendeirismo; é un territorio vivo cheo de herdanza etnográfica,...
Destino astroturístico Starlight Os Ancares
Xeodestino

Destino Starlight: Gozar dos ceos estrelados dos Ancares a simple vista

A Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses garda un dos tesouros máis fascinantes da noite galega: a calidade...
Seimeira de Vilagocende (provisional)
Xeodestino

5 fervenzas agochadas nos Ancares Terras de Burón para gozar do verán.

O verán invítanos a baixar o ritmo, buscar a sombra e refrescarnos. E se che dixéramos que tamén...
Ancares Cycling
Xeodestino

Ancares Cycling Marathon: un desafío entre montañas que leva o nome dos Ancares por toda España

O vindeiro 9 de agosto de 2026, as estradas de montaña dos Ancares volverán converterse no escenario dunha...