Xornadas da Tenreira de Ancares Terras de Burón

A tenreira criada en Ancares Terras de Burón será a grande protagonista do que resta de mes de abril no Xeodestino. As xornadas dedicadas a este produto arrincan este venres 12 de abril e estenderanse ata o día 30 coa participación dos establecementos de restauración do territorio certificados co selo ‘Cociña de Ancares Terras de Burón.

 

Esta iniciativa, promovida polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Montes e Vales Orientais, inclúe tamén unha gran degustación o sábado 27 de abril na Feira de San Marcos da Fonsagrada.

 

Restaurantes confirmados e receitas

 

Neste listado podes atopar os establecementos confirmados e as especialidades que preparan para estas xornadas, así como os teléfonos para facer a túa reserva:

A Lareira - Chandevilar, As Nogais - Tel. 636 648 174
  • Chuleta de Tenreira Galega
  • Entrecosto de Tenreira Galega
  • Patacas guisadas con Tenreira Galega ao queixo do Cebreiro

Podes ver máis información sobre A Lareira aquí.

Mesón Catro Ventos - Barbeitos, A Fonsagrada - Tel. 982 340 151
  • Carpaccio de solombo de Tenreira Galega (raza vianesa de gandeiría propia)
  • Chuletón de Tenreira Galega (raza vianesa de gandeiría propia)

Podes ver máis información sobre o Mesón Catro Ventos aquí.

A Tenda de Asgafon - A Fonsagrada - Tel. 607 610 468
Consultar dispoñibilidade de cada prato no menú semanal das redes sociais (Facebook ou Instagram) ou por teléfono.

  • Tenreira guisada (dispoñible tódalas semanas)
  • Albóndegas con arroz
  • Cachopo
  • Callos de tenreira
  • Carne ao caldeiro
  • Carrilleras ao viño tinto
  • Escalopes en salsa de queixo azul
  • Guiso de agulla de tenreira
  • Pasta con tenreira picada

Podes ver máis información sobre A Tenda de Asgafon aquí.

Mesón Catroventos - Catroventos, Cervantes - Tel. 982 36 45 49
  • Entrecosto de tenreira (Por encarga)
  • Chuleta de tenreira (Por encarga)
  • Chuletón de tenreira (Por encarga)
  • Carne ao caldeiro
  • Churrasco de tenreira
  • Tenreira guisada

Podes ver máis información sobre o Mesón Catroventos aquí.

Restaurante Rivera - Becerreá - Tel. 982 360 185
  • Entrecosto de tenreira
  • Tenreira asada
  • Chuleta de tenreira
  • Filete de tenreira

Podes ver máis información sobre o Restaurante Rivera aquí.

Restaurante Boavista - Becerreá - Tel. 982 360 853
  • Carne asada
  • Filete de tenreira
  • Chuleta de tenreira
  • Churrasco de tenreira

Podes ver máis información sobre o Restaurante Boavista aquí.

Recuncho D'Vane - Baleira - Tel. 618 966 710
  • Hamburguesa de tenreira

Podes ver máis información sobre o Recuncho D’Vane aquí.

Restaurante A Marronda - Baleira - Tel. 982 354 108
  • Xarrete guisado con verduras
  • Churrasco de tenreira
  • Filete de tenreira
  • Chuleta de tenreira
  • Cachopo de tenreira

Podes ver máis información sobre A Marronda aquí.

Restaurante Neireo - Baleira - Tel. 982 355 248
  • Tenreira asada
  • Carne ao caldeiro

Podes ver máis información sobre o Restaurante Neireo aquí.

Casa do Chao - Vilaverde, Navia de Suarna - Tel. 680 275 490
  • Solombo de tenreira
  • Entrecosto de tenreira
  • Chuleta de tenreira

Podes ver máis información da Casa do Chao aquí

Casa Sidrón - Pieiga, Negueira de Muñiz - Tel. 655 838 199 / 679 628 066
  • Albóndigas de tenreira ecolóxica
  • Entrecosto de tenreira
  • Cachopo de tenreira

Podes ver máis información sobre a Casa Sidrón aquí.

Caserío Meiroi - Mosteiro, Navia de Suarna - Tel. 659 030 341
  • Rabo de novillo frieirés
  • Osobuco de novillo frieirés
  • Redondo de novillo
  • Chuleta de boi / novillo
  • Chuletón de boi / novillo
  • Entrecosto de boi / novillo
  • Solombo de boi / novillo

Podes ver máis información sobre o Caserío Meiroi aquí.

Cafe Bar Xegunde - Navia de Suarna - Tel. 982 365 117 / 649 243 958
  • Xarrete con castañas
  • Llana ao Pedro Ximénez
  • Solombo de tenreira

Podes ver máis información sobre o Café Bar Xegunde aquí

Restaurante A Escola - Navia de Suarna - Tel. 982 365 251 / 661 561 058
  • Chuletón de tenreira
  • Solombo de tenreira
  • Osobuco á milanesa
  • Chuletón de vaca vella
  • Solombo de vaca vella

Podes ver máis información sobre o Restaurante A Escola aquí.

Mesón Aarau - Navia de Suarna - Tel. 982 365 084
  • Tenreira asada
  • Rabo estofado
  • Lingua de tenreira
  • Carrilleira de tenreira
  • Carne ao caldeiro
  • Callos de tenreira
  • Fígado de tenreira encebolado
  • Albóndigas de tenreira

Podes ver máis información sobre o Mesón Aarau aquí.

Tes un restaurante ou casa de comidas e queres adherirte?

A inscrición permanece aberta e os hostaleiros interesados en participar nesta iniciativa poden anotarse chamando ao número de teléfono 659 275 743.

Entre o 12 e o 30 de abril, os restaurantes e casas de comidas que se adheriron a estas Xornadas da Tenreira de Ancares Terras de Burón elaborarán os seus pratos con este ingrediente e empregando sempre produtos de proximidade e de produción local, unha garantía que ofrece precisamente o feito de ter o distintivo da ‘Cociña de Ancares Terras de Burón’. 

Gran degustación e máis xornadas

Así mesmo, o sábado 27 de abril levarase a cabo na Fonsagrada unha gran degustación de Tenreira Galega aproveitando a celebración da Feira de San Marcos, unha das principais feiras de gando do territorio.

Estas xornadas forman parte da aposta do GDR Montes e Vales Orientais por promocionar o consumo de produtos locais nos negocios de restauración da zona e así colaborar ao mesmo tempo co fortalecemento da economía local. Ao longo do ano iranse celebrando outras xornadas centradas nun prato ou ingrediente en cada ocasión. Neste mes de abril é a quenda da tenreira, que lle toma a remuda ao cocido de montaña, cuxa exaltación se levou a cabo durante o pasado mes de febreiro, aproveitando a celebración do Entroido.

Follow us on Social Media