Xornadas da Troita de Ancares Terras de Burón

Os nosos ríos de montaña sempre tiveron a fama de dar boas troitas. Na actualidade hai varias piscifactorías que aproveitan as súas augas para criar troitas ben saborosas e nos restaurantes e casas de comidas do Xeodestino Ancares Terras de Burón, podes desfrutar delas.

Este mes de maio adicámolo ás Xornadas da Troita de Ancares Terras de Burón que dan comezo este venres 10 de maio e estenderanse ata o día 19 coa participación dos establecementos de restauración do territorio certificados co selo ‘Cociña de Ancares Terras de Burón’ e coa piscifactoría de Santalla, en Ribeira de Piquín como produtor certificado.

Restaurantes participantes

Neste listado podes atopar os establecementos que participan nas xornadas e as especialidades que preparan, así como os teléfonos para facer a túa reserva:

Casa Sidrón - Pieiga, Negueira de Muñiz - Tel. 655 838 199
Restaurante Rivera - Becerreá - Tel. 982 360 185
Restaurante Boavista - Becerreá - Tel. 982 360 853
Caserío Meiroi - Mosteiro, Navia de Suarna - Tel. 659 030 341
  • Ensalada de troita con tomate caseiro

Podes ver máis información sobre o Caserío Meiroi aquí.

Restaurante A Marronda - Baleira - Tel. 982 354 108
Mesón Aarau - Navia de Suarna - Tel. 982 365 084
Mercar troitas na Piscifactoría de Santalla - Ribeira de Piquín

Na piscifactoría de Santalla fan venda a particulares e a establecementos de restauración. Podes achegarte a mercar troitas na piscifactoría os 365 días do ano en horario de 9 h. a 13 h. e de 16 h. a  19 h.

Esta é a súa localización en Google Maps. Podes ver máis información sobre a Piscifactoría de Santalla aquí.

Tes un restaurante ou casa de comidas e queres adherirte?

A inscrición permanece aberta e os hostaleiros interesados en participar nesta iniciativa poden anotarse chamando ao número de teléfono 659 275 743.

Entre o 10 e o 19 de maio, os restaurantes e casas de comidas que se adheriron a estas Xornadas da Tenreira de Ancares Terras de Burón elaborarán as súas receitas con este ingrediente e empregando sempre produtos de proximidade e de produción local, unha garantía que ofrece precisamente o feito de ter o distintivo da ‘Cociña de Ancares Terras de Burón’. 

Follow us on Social Media