Terras do Navia
Vivindo entre abellas e viñedos
Principais puntos de interese:
Queremos que coñezas máis de cerca o mundo da apicultura e do viño. Déixate marabillar polos pequenos produtores e produtoras locais que te guiarán polas Terras do Navia.
Duración aproximada:
8 horas |
Que podes facer?
Visita o Ecomuseo El País del Abeyeiro
Un espazo adicado ás abellas e ao mel; un bastión desde o que poder empezar a recuperar a cultura ligada ás abellas e á súa paisaxe. Introdúcete no apaixoante mundo da apicultura, coñecendo a tradición e o presente dunha labor milenaria. Un percorrido que remata cunha cata comentada de meles. Esta actividade debe realizarse con reserva previa.
Contacto: Alberto – El País del Abeyeiro – 636209880 – hola@elpaisdelabeyeiro.com
Descubre os viños da IXP Terras do Navia
Pasear polos vales de gran valor ecolóxico e natural do río Navia onde se atopan os viñedos das bodegas que forman a IXP Terras do Navia. Desfrutar das micropaisaxes do noso territorio. Saborear os viños que se producen nesta ribeira e visitar algunha das adegas da IXP Terras do Navia.
Nalgúns casos, é preciso reservar con antelación.
Elabora conservas e zumes artesanais
Os vales do Navia son fértiles e producen froitas, hortalizas e outros alimentos de gran calidade, que son transformados en conservas e zumes de xeito artesanal. Poderás vivir a experiencia no lugar de Ernes e coñecer de primeira man a Cooperativa Ribeiregas, con gran tradición nestas elaboracións.
É necesario contactar coa cooperativa con antelación no teléfono 629086879.
Déixate marabillar…
… descubrindo Negueira de Muñiz a través da súa natureza, cultura, historia, etnografía e gastronomía. Unha historia na que o río Navia ten un papel fundamental e que transformou por completo a construción, a mediados do pasado século, do Encoro de Salime. Desde ese momento, o concello quedou dividido en dúas partes, estando as parroquias de Barcela e Ernes separadas do resto.
Sumérxete nas súas fermosas paisaxes formadas entre montañas que superan os 1.000 metros de altitude e os seus vales e ladeiras pendentes e escarpadas que contan cunha enorme biodervisidade composta por unha flora e fauna moi variada.
… descubrindo e catando os viños integrados na Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Terras do Navia, que podemos coñecer grazas ao traballo e implicación de distintas adegueiros que neste século recuperaron viñedos centenarios presentes no territorio. Poderedes gozar tanto de caldos brancos como tintos.
Unha destas bodegas é Adega Sidrón, que ofrece unha triple experiencia que espertará todos os sentidos dos que a proben. Por un lado poderedes descubrir os viñedos existentes nas proximidades da adega gozando, ademais, das incribles paraxes que os rodean. Cada estación do ano sorprende aos visitantes cun ‘escenario’ que vai mudando de cor e pel.
Logo de coñecer os viñedos, a seguinte parada é na adega, onde aprenderedes de primeira man o proceso de elaboración do viño, desde a recollida da uva ata o seu embotellado. A visita rematará cunha comida elaborada con produtos da zona e unha cata de viño a elixir entre algunha das cinco referencias que dispoñen.
Para poder desfrutar desta actividade é preciso reservar con antelación.
Contacto: Adega Sidrón
Teléfono: 696 329 379 / 679 628 066
Mail: info@adegasidron.es
Localidade: Piega – Negueira de Muñiz
As abellas e os insectos polinizadores – Ecomuseo El País del Abeyeiro
O viño e a mel conviven en armonía en Negueira de Muñiz, polo que as abellas son tamén unhas das grandes protagonistas deste territorio. Se queres coñecer máis deste mundo, o lugar de Pena de Nogueira ofrece unha experiencia diferente grazas á presenza do Ecomuseo El País del Abeyeiro. Aquí comprenderás mellor o traballo que fan as abellas, a historia da apicultura tradicional e moderna, e tamén descubrirás que existen outra serie de insectos polinizadores fundamentais para a biodiversidade e existencia humana. Así mesmo, a través dunha cata serás consciente de que non todas as meles son iguais e aprenderás a diferencialas.
Neste caso tamén hai que reservar con antelación esta visita.
Contacto: Alberto – El Pais del Abeyeiro
Teléfono: 636 209 880
Mail: hola@elpaisdelabeyeiro.com
Localidade: Lugar de Pena da Nogueira – Negueira de Muñiz
As Micropaisaxes de Negueira de Muñiz
Se a túa intención é perderte e descubrir pequenos e fermosos rechunchos onde desconectar, Negueira de Muñiz é unha opción idónea porque ofrece unha natureza espectacular e é un museo etnográfico a ceo aberto.
Deste xeito invitámoste a descubrir lugares como a Área Recreativa Virxe da Veiga, onde poderás desfrutar só ou en compañía de mesas con sombra e das augas transparentes do río Navia xunto a un embarcadoiro.
En lugares como o Muíño de Siera coñecerás como aproveitaban e lle sacaban beneficio os nosos antergos ao curso da auga, mentres que capelas, igrexas e outros recunchos completan a rede de micropaisaxes que poderás atopar no concello de Negueira de Muñiz.
Experiencia Ribeiregas – Ernes
Unha vez coñecido o mundo do viño e o mel, tamén podes mergullarte na produción de alimentación en ecolóxico grazas á experiencia que propón a Cooperativa agroalimentaria Ribeiregas, onde poderás elaborar zumes, conservas e moitos máis produtos, ao mesmo tempo que coñeces a historia e o traballo que levan a cabo estas emprendedoras. Ademais, permite descubrir a aldea de Ernes, outras das micropaisaxes que propoñemos desde o Xeodestino Ancares Terras de Burón.
Esta experiencia necesita reserva previa porque non está activa durante todas as épocas do ano.
Contacto:
Teléfono: 629086879 / 627963307
Mail: cooperativaribeiradonavia@yahoo.es
Localidade: Aldea de Ernes – Negueira de Muñiz