Blog · Presentación do Proxecto en FITUR

Presentación do Proxecto en FITUR

Esta tarde vimos de presentar os recursos e produtos turísticos do Xeodestino Ancares Terras de Burón no stand de Galicia de FITUR. A convocatoria foi todo un éxito de asistencia en canto a público e a profesionais interesados en coñecer todo o que o noso territorio ten para ofrecer.

Nesta cita presentamos a nosa estratexia de ‘Ecoturismo en Red’, baseada nos recursos do territorio e nas persoas que o habitan para crear propostas turísticas sostibles e de calidade.

  • Pasaporte Gastronómico de Ancares Terras de Burón. Un percorrido polo noso territorio en 14 feiras e festas gastronómicas.
  •  Rede de Micropaisaxes. Máis de 144 puntos xeolocalizados para descubrir os rincóns e elementos máis singulares que nos rodean.
  • Cociña de Ancares Terras de Burón. Experiencias que vertebran o territorio ao redor da gastronomía e os alimentos de calidade que se producen aquí.

Fe Álvarez, xerente do Xeodestino e Alberto Uría, apicultor e propietario do ecomuseo El País del Abeyeiro, foron os encargados de conducir a presentación, que rematou cunha degustación dos bombóns de mel que elabora Alberto en Negueira de Muñíz e que foron un rotundo éxito.

O noso agradecemento a todas as autoridades que se achegaron tamén a darnos o seu apoio e visibilidade. Seguimos traballando!

Que podes ler aquí?

Entradas relacionadas

blog_xatb_casadobico (2)
Xeodestino

Casa do Bico: habitar a montaña, compartir o territorio

Na ladeira da montaña, entre paisaxe aberta e silencio de Ferrañol, en Becerreá, atópase Casa do Bico, un...
eclipse solar galicia ancares terras de burón
Xeodestino

Ver o eclipse solar total de 2026 no xeodestino Ancares - Terras de Burón: unha experiencia única entre montañas

O 12 de agosto de 2026 Galicia converterase nun dos lugares privilexiados do mundo para observar un dos...
maranfallos
Xeodestino

Entroiro nos Ancares: cando a identidade se agocha para celebrar en comunidade

Nalgunhas zonas dos Ancares, o entroido chámase entroiro. E non é un detalle menor. O nome fala dunha...
foto_carbon_libro
Xeodestino

Aprender da montaña: educación ambiental para viaxar de maneira responsable

Cada 26 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental, unha data que nos convida a reflexionar...