Navia de Suarna

Onte e hoxe

Principais puntos de interese:

Invitámoste descubrir a vila de Navia de Suarna, lugar que naceu ao amparo dunha fortaleza que tiña como misión vixiar un importante paso de camiños medievais.

Acompáñasnos?

Duración aproximada:

Duración ruta

x horas

 

Que podes facer?

"Un río, un castelo, unha ponte..."

Un paseo sonoro pola historia e as historias da Proba de Navia da man do proxecto «Os Andares».

É necesario teléfono móbil e auriculares.

Perderse descubrindo a arte urbana

Pasear polas rúas da Proba, seguindo as esculturas do roteiro Navia é Arte.

Cociña de Ancares Terras de Burón

Desfrutar da gastronomía da montaña lucense.

Unha fábrica artesanal de embutidos

Visitar o obradoiro de Embutidos Suarna. Consultar dispoñibilidade no teléfono982 365 066.

Puntos de interese próximos

Cruza a ponte que leva á parroquia de San Miguel de Barcia e se tes un pouco de tempo, achégate a coñecer as aldeas de Rao e Coro.

Déixate marabillar…

 

… descubrindo unha viaxe sonora que te levará por un pasado cheo de historias a partir dun río, un castelo e unha ponte medieval. Sumérxete no pasado máis lonxano e cercano da Proba de Navia a través dun percorrido que comeza aos pés da ponte medieval e que te levará a descubrir diferentes espazos da Proba, o núcleo principal de Navia de Suarna. Para esta viaxe só precisarás uns auriculares, un teléfono móbil e picar aquí para descubrir Os Andares, un proxecto cultural do estudo Fósforo, Arte e Cultura que te guiará polas pegadas e vivencias dos antigos e actuais poboadores da vila e a transformación que sufriu esta nos últimos séculos. O paseo dura aproximadamente unha hora, aínda que cada un pode deterse o tempo que considere preciso nos distintos lugares que se van visitando e coñecendo.

… descubrindo que Navia é Arte. As rúas e prazas da Proba están cheas de arte grazas ao roteiro que conforman as sete pezas creadas por Pavel Yakushev, ferreiro orixinario de Rusia asentado desde hai uns anos na aldea de Louxas. 

Navia tamén conta coa arte urbana do muralismo, onde destaca a peza feita por Yoseba MP, que retratou con mestría a Amparo, a reposteira dos Ancares. Este mural forma parte da colección ‘Superavoas’, unha serie de 16 retratos de mulleres do rural galego pintados en distintas localidades de toda Galicia. O de Amparo é un dos tres que se poden contemplar na provincia de Lugo. 

Despois de coñecer a Amparo, diríxete ao número 6 da Praza Maior de Navia e alí te estará esperando o Galo Xastre, a casa do xastre Benedicto F. Lombardero, onde terás á túa disposición un mapa, que tamén podes descargar aquí, para ir descubrindo onde se esconden distintas pezas. 

 

 

A androlla e a gastronomía

A androlla é a grande protagonista da gastronomía de Navia de Suarna, unha vila que se enche de xente os domingos de Entroido de cada ano para gozar da festa de exaltación deste embutido tan típico dos Ancares lugueses. Música tradicional e diferentes actividades amenizan unha xornada na que as rúas de Navia se enchen de postos de venda de produtos do territorio. 

Precisamente estes produtos de proximidade e de gran calidade se poden coñecer e degustar a través do proxecto da Cociña de Ancares Terras de Burón. Nos establecementos certificados, como o Café Bar Xegunde de Navia, pódense atopar produtos elaborados ao xeito da cociña de montaña como o xarrete con castañas ou os callos con garavanzos. Información e reservas: 982 365 117.

 

Lugares próximos

A visita a Navia de Suarna pode completarse coñecendo os seus arredores e algunhas das súas parroquias. Sen ir máis lonxe ao carón do núcleo da Proba, dando un pequeno paseo de medio quilómetro, atópase a área recreativa de As Veigas, unha paraxe fermosa que conta cunha ponte que permite explorar as dúas beiras do río Navia. 

En aldeas como a de Barcia atoparás todo tipo de patrimonio natural, arquitectónico ou eclesiástico, mentres que en Coro, na parroquia de Rao, a uns 20 quilómetros da Proba, poderás coñecer como eran as construcións tradicionais da zona (hórreos, casas de pedra ou pizarra) dando un pequeno paseo por este conxunto harmónico de edificacións perfectamente restaurado.

Follow us on Social Media