Blog · La originalidad es volver al origen. Gaudí

La originalidad es volver al origen. Gaudí

A finais do século XV peregrinou a Compostela un monxe servita alemán chamado Hermann Küng von Vach. Este monxe escribiu unha guía práctica dirixida ós seus compatriotas , na que indicaba os cruces de camiños, as distancias, os mellores lugares para aloxarse, etc.

Redactou unha auténtica guía de viaxes medieval, que foi impresa por primeira vez en Estrasburgo en 1495. Do seu texto dedúcese que saíu do seu convento en Vach (Alemaña) para dirixirse a Einsiedeln, preto de Zürich, dende onde continuou cara o sur de Francia, entrando en España por Roncesvalles. O seu itinerario por terras hispanas concorda con Camiño Francés, pero realiza dúas variantes moi interesantes, que buscan as pendentes máis suaves; a primeira variante atópase en León, desviándose cara Santa Marina del Rey, para entrar no Bierzo evitando as montañas .

A segunda variante empeza en Herrerías de Valcarce, no concello de Vega de Valcarce. O monxe para evitar a forte subida ó Cebreiro opta por entrar en Galicia por Pedrafita do Cebreiro, dirixíndose a Lugo polos concellos de As Nogais, Becerreá, Baralla e o Corgo.

En base ós traballos de documentación deste feito, tan relevante para a historia dos Camiños xacobeos; a Asociación Cultural Abrente de As Nogais creou unha ficción teatralizada , que recrea a chegada do monxe alemán a unha pousada dun pobo medieval da Montaña de Lugo. Nun drama con momentos cómicos, reflexase o impacto de semellante personaxe nas xentes locais; ó mesmo tempo a obra é unha loa á apertura a novas ideas que trouxeron os camiños de peregrinación.

Fragmento da traducción da Guúa de Hermann Künig, por Monika Drerup. Fuente: el Camino de Künig a Compostela.
Que podes ler aquí?

Entradas relacionadas

WhatsApp-Image-2025-08-08-at-12.17.16-scaled
Xeodestino

Torés Escapado 2025: a memoria que revive

O vindeiro 9 de agosto, a pequena aldea de Torés, no concello das Nogais, volverá transformarse nun escenario...
Cabanas_de_Ancares3
Xeodestino

6 empresas da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses que teñen certificado de ecoturismo

A Casa do Bico, Naviaventours, a Casa O’ Crego, Las Cabañas de Ancares, o Hotel Piornedo e Equusquera son as seis empresas que ofrecen os seus...
Eo-Xunta
Xeodestino

4 empresas da Reserva Río Eo, Oscos e Terras de Burón con certificado de ecoturismo

A Tirolina da Mina (A Pontenova), Sons do Eo Apartamentos Turísticos (Baleira), a Casona de Labrada (A Pontenova)...
foto-grupo
Xeodestino

A 1ª Andaina Xubileo Ancares celebrouse entre San Pedro de Tortes e San Pedro de Cadoalla

A 1ª Andaina Xubileo Ancares, celebrada o pasado domingo 9 de febreiro, foi un auténtico éxito de participación e ambiente. Ducias...