Axenda · XVI Carreira Solidiaria CPR Cervantes – Memorial Profe Alberto

XVI Carreira Solidiaria CPR Cervantes – Memorial Profe Alberto

Outros
Cervantes
24 de Maio de 2026
11:00
CPR Plurilingüe Cervantes
ANPA CPR Cervantes e Colexio de Cervantes

O vindeiro día 24 de maio realizarase unha nova edición do Memorial Profe Alberto, cunhas carreiras nas inmediacións do colexio.

Os máis pequenos e canicross sairán dende a Praza Agro do Rolo e a carreira absoluta dende a Farmacia Labandeira.

Tamén se farán sorteos despois da carreira e o número será o do voso dorsal.

Haberá dorsal solidario para aqueles que non poidan ir á carreira pero queiran contribuír á investigación de “Zebraglio” sobre o glioblastoma, que se realiza en veterinaria e no HULA.

Inscricións abertas ata o 19 de maio.

Toda a información nesta ligazón: Reglamento.