Axenda · IX Concurso de Fotografía dos Ancares Lucenses

IX Concurso de Fotografía dos Ancares Lucenses

Outros
18 de Novembro de 2026
Deputación de Lugo e Reserva da Biosfera Ancares Lucenses.

A Deputación convoca un certame dedicado ao 20 aniversario da Reserva da Biosfera e admite traballos inéditos ata o 30 de novembro.

A Deputación de Lugo ten aberto o prazo de inscrición para participar no IX Concurso de Fotografía 20 Aniversario da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, unha iniciativa para conmemorar os vinte anos da declaración deste territorio como Reserva da Biosfera pola UNESCO.

O certame establece tres premios, de 800, 500 e 300 euros respectivamente e as fotografías deberán reflectir a riqueza natural, cultural e etnográfica da Reserva, así como as tradicións e os oficios vinculados a este territorio. A Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses abrangue 53.664 hectáreas nos concellos de Cervantes, Navia de Suarna e unha parte do municipio de Becerreá.

As persoas participantes deberán presentar unha única fotografía, en cor ou en branco e negro, tomada dentro do ámbito da Reserva da Biosfera e que non fose premiada en edicións anteriores.

Máis información aquí.