Axenda · 5º Aniversario Club de Montaña Terras de Burón – A Fonsagrada.

5º Aniversario Club de Montaña Terras de Burón – A Fonsagrada.

Festas
A Fonsagrada
12 de Setembro de 2026
20:00
Fornos de Cal, A Fonsagrada.
Club de Montaña Terras de Burón.
Este ano o Club de Montaña Terras de Burón cumple 5 anos e queren celebralo por todo o alto!
🗓️ 12 de setembro de 2026
🕗 20:00 h
📍 Aula Verde · Fornos da Cal
Preparamos unha noite para socios, familias, amigos, veciñanza e para todo aquel que queira achegarse a celebrar connosco:
🥘 Paella e churrasco GRATIS para os asistentes
🍻 Servizo de bar
🎧 Música e festa con DJ Laswek
🏰 Inchables e actividades para a cativada
👕 Entrega de camisetas conmemorativas do 5º aniversario
📸 Photocall especial para gardar un recordo destes cinco anos
⛺ E teremos carpa, así que se chove… a festa segue igual!
Durante o encontro tamén faremos un pequeno percorrido pola historia do club, lembrando actividades, proxectos, aventuras e todo o que fomos construíndo xuntos desde 2021.
Porque estes cinco anos non serían posibles sen toda a xente que participou, colaborou e confiou neste proxecto.
📣 ACTIVIDADE ABERTA A TODO O PÚBLICO