Aprender a facer pan

Casa Chaín – Cirio – Pol

Principais puntos de interese:

Déixate marabillar por un traballo meticuloso que vai desde amasar ata a cocción e no que coñecerás os ingredientes que se empregan e aprenderás técnicas como a de roxar o forno para acabar degustando o teu propio pan e empanada.

Duración aproximada:

Duración ruta

6 horas

 

Que podes facer?

Casa Chaín, Pol

Comparte o proceso de elaborar pan no forno tradicional de Casa Chaín. Un taller participativo nunha casona tradicional e recentemente renovada.

Taller de pan

10:00 Comenzamos co amasado.

11:00 Preparación do recheo das empanadas.

11:30 «Roxado» do forno.

12:30 Iniciamos a elaboración das empanadas e do pan.

13:30 Aperitivo con «Caldo de restrido» mentras está o pan no forno.

14:30 Degustación de empanada con viño do país.

15:00 Sacamos o pan do forno e rematamos tomando café e postre. Desfrutamos da sobremesa.

16:30 Fin da actividade.

 

Información e reservas

Consulta as datas na que se organizan os talleres ou reserva unha actividade privada individual ou en grupo.

Información e reservas no teléfono 655 359 305 ou no email info@casachain.com

Nos arredores

Descubre as micropaisaxes do Concello de Pol que están relacionados coa experiencia de elaborar o pan:

  • Muíño do mazo.
  • Área recreativa de Mosteiro.

Déixate marabillar…

 

… mentres pos as man na masa e desfrutas do xeito de facer pan de forma totalmente artesanal. En Casa Chaín, no concello de Pol, guiarante por todo o proceso de realización do pan, un dos produtos máis demandados dentro da nosa alimentación, para converterte nun auténtico panadeiro por un día. Esta experiencia, que dá comezo a primeira hora, será practicamente total, xa que prepararás e elaborarás pan, pasteis e derivados desde o momento no que entran as materias primas necesarias pola porta. Inclúe ‘roxar’ un forno de leña que supera os 100 anos de funcionamento.

O primeiro paso será a preparación da masa con diferentes variedades de fariña galega, tamén enfornarás empanadas e postres no forno de leña. Unha vez que pasen o tempo necesario no forno, será o momento de pasar a degustar o resultado do teu traballo cun bo viño e levar para a casa os produtos que fixeche. 

Nesta especie de obradoiro coñecerás os secretos da cocción do pan con fermento, así como recibirás información esencial sobre os distintos tipos de cereais que se acostuman a empregar e que dan lugar a diferentes tipos de pan. A actividade está pensada para grupos pequenos, de non máis de 10 persoas, polo que é preciso reservar previamente poñéndose en contacto cos encargados de Casa Chaín.

Contacto

Teléfono: 655 359 305

Mail: info@casachain.es 

 

As materias primas

Pero para poder ser panadeiros por un día, primeiro hai que contar cunhas materias primas. En Pol tamén poderás coñecer como se conseguían e trataban tempo atrás eses ingredientes básicos para elaboración do pan e os seus derivados. Un dos máis importantes é a fariña, que provén do gran do trigo ou do centeo. A fariña tiña que ser moída e antes de que se inventase os muíños eléctricos había que tirar da auga e dos muíños que funcionaban a partir da forza desta. No lugar de Luaces podemos ver un bo exemplo co Muíño do Mazo, unha das 200 micropaisaxes do Xeodestino Ancares Terras de Burón. 

A auga tamén terá outra función destacada no proceso, xa que mesturada coa fariña conseguimos a masa para elaborar o pan. E para gozar do líquido elemento, nada mellor que pasar unha xornada na Área recreativa de Mosteiro. Alí poderás dar un paseo polas beiras do río Azúmara e terás á túa disposición grellas, mesas e bancos para desfrutar dunha comida acompañada do pan que acabas de cocer. 

 

Follow us on Social Media