Comezamos unha rolda de visitas polas experiencias de Déixate Marabillar!

Primeira parada: El País del Abeyeiro, un ecomuseo situado en Negueira de Muñiz no que descubrir de primeira man o mundo das abellas, a apicultura tradicional, os ecosistemas naturais que dan vida a Ancares Terras de Burón e, como non, saborear as mellores meles da nosa comarca, 100% artesanais e naturais 🍯

Como a nós xa se nos está facendo a boca auga, deixámosvos con Alberto Uría, impulsor deste ecomuseo, quen nos descobre máis detalles sobre esta incrible experiencia, unha das 41 que podedes atopar dentro da campaña Déixate Marabillar 👉 https://ancaresterrasdeburon.gal/deixate-marabillar/

Follow us on Social Media