A Fonsagrada
Un concello inmenso
Principais puntos de interese:
Queremos que descubras todo o que ofrece o concello máis extenso de Galicia. Na Fonsagrada podes atopar experiencias moi variopintas e relacionadas co seu pasado castrexo, coa gastronomía, coa cervexa ou co mundo equino.
Que podes facer?
Aprende a elaborar cervexa artesá
Coñece todos os segredos da elaboración da cervexa artesá visitando o obradoiro de Cervexas A Píntega. Neste pequeno negocio familiar aberto no 2015 contaranche cales son as materias primas e o proceso para facer a súa cervexa ao modo tradicional.
Contacto: 627 575 399 (Juan).
Descubre unha carne de máxima calidade
A Asociación de Gandeiros da Fonsagrada (ASGAFON) conta cunha tenda no centro da vila na que ofrecen todos os produtos de proximidade, frescos e de máxima calidade que producen. Destaca entre todos eles a carne das súas vacas, que pastorean en total liberdade. Tamén dispoñen dun menú semana formada por tres ou catro pratos xa cociñados que se pode recoller na tenda.
Ubicación: Avenida de Galicia, número 22
Horario: De martes a sábado entre as 12 e a 17 horas.
Teléfono: 607 610 468
Desfruta dun paseo a cabelo
Equusfera ofrece a opción de coñecer A Fonsagrada e outras lugares do Xeodestino Ancares Terras de Burón montados a cabalo seguindo algunha das súas múltiples rutas, que tamén inclúen o Camiño Francés e o Primitivo.
Contacto:
Teléfono – 616 753 929
Mail – info@equusfera.es
Déixate marabillar…
… descubrindo a importante historia da Fonsagrada, con xacementos de asentamentos xa do tempo dos castrexos, entre o final da Idade de Bronce (século IX ou VIII a. C.) e o século I d. C. O máis salientable é a Sauna castrexa e o castro de Castañoso, que se atopa nun entorno de gran beleza, xa que está rodeado por un bosque frondoso e ao carón do río Navia. Neste xacemento pódese contemplar un castro parcialmente excavado e unha estancia descuberta recentemente que se considera que pode ser unha antiga sauna castrexa.
Dunha época máis actual, pero tamén notable na historia da Fonsagrada están os restos do Hospital de Montouto, que se erguía en pleno Camiño Primitivo. Era un centro dirixido aos peregrinos que foi fundado no ano 1357 por Pedro I, rei de Castela, e que funcionou ata mediados do século pasado.
… afondando na historia da Fonsagrada e dos concellos limítrofes visitando o seu museo comarcal. Nel atoparás pezas etnográficas, arqueolóxicas e de arte contemporánea. Na sección de etnografía reúne, entre outros elementos, unha adega, unha forxa de ferreiro e unha lareira. Tamén hai unha parte dedicada a oficios rurais, outra á labranza, ao monte, á escola, a relixiosidade ou á emigración, onde se recolle o paso dun emigrante da zona por Buenos Aires e La Habana. Mentres, na zona dedicada á arqueoloxía exhíbense pezas pertencentes ás épocas megalítica, castrexa e romana.
Unha gandería sustentable
No ano 2007 nacía a Asociación de Gandeiros da Fonsagrada (ASGAFON), unha unión de varias familais de gandeiros que buscaban dar un impulso ás súas granxas da montaña, profesionalizando a súa xestión e apostando decididamente pola sostibilidade, algo que conseguiron nos xa máis 15 anos de vida que ten o colectivo. Na actualidade son máis de 100 os socios e socias dun grupo que ten a actividade agrogandeira como o seu principal modo de vida e que aposta polo pastoreo en liberdade das súas vacas.
Durante estas case dúas décadas de vida, desde ASGAFON colaboraron no desenvolvemento sustentable do medio rural, mellorando as condicións sociais, económicas, laborais, medioambientais e mesmo emocionais da vida no campo. Deste xeito, traballaron en proxectos de comercialización directa e tranformación dos seus produtos, fan compras conxuntas para ser máis competitivos e buscaron a innovación no sector agrícola e gandeiro mantendo o manexo do gando tradicional e respectuoso co medio e a paisaxe da que forman parte. O seu obxectivo principal é loitar contra o despoboamento e crear oportunidades de calidade de vida no rural.
ASGAFON conta cunha tenda no centro da Fonsagrada no que os visitantes poden atopar todos os produtos de proximidade, frescos e de máxima calidade que producen, así como un menú semanal formado por tres ou catro pratos xa cociñados e dispoñibles para recoller. A tenda está situada na avenida de Galicia, número 22 e abre de martes a sábado entre as 12 e as 17 horas.
O mundo da cervexa artesá
Na Fonsagrada pódeste somerxer no mundo da cervexa artesá visitando as instalacións de Cervexas A Píntega. Neste pequena obradoiro acondicionado no ano 2015 coñecerás as materias primas que hai que reunir para elaborar a cervexa, coñeceras o proceso de produción e tamén as distintas variedades que elabora este negocio familiar.
Para levar a cabo esta visita é preciso facer unha reserva previa chamando ao número de teléfono 627 575 399 (Juan).
Rutas a cabalo
Os profesionais de Equusfera tamén ofrecen a posibilidade de coñecer A Fonsagrada e outras zonas do Xeodestino Ancares Terras de Burón subidos a un cabalo da man das súas rutas. Contan con opcións longas e outras máis curtas, así como etapas no Camiño Primitivo e Francés.
Contacto:
Teléfono – 616 753 929
Mail – info@equusfera.es