Lugares nos que desfrutar coa neve no noso territorio
As previsións apuntan que estes vindeiros días nos vai acompañar a neve en moitas zonas do noso Xeodestino, así que animámoste a vir desfrutar dela en distintas paraxes, pero sempre tendo en conta que as condicións meteorolóxicas e o estado das estradas e accesos permitan facer estes desprazamentos con total e absoluta seguridade.
Se non hai ningún impedimento, calza unas boas botas, abrígate ben e aquí che deixamos uns lugares nos que posiblemente te atopes cunha boa cantidade de neve e auténticas postais:
📌O Cebreiro (Pedrafita do Cebreiro). 1.330 metros aprox.
📌 Piornedo (Cervantes). 1.100 metros aprox.
📌 Pena do Pico (Becerreá). 1.200 metros aprox.
📌 A Pintinidoira (As Nogais). 1.200 metros aprox.
📌 Alto da Fontaneira (Baleira). 900 metros aprox.
📌 A Fonsagrada. 900 metros aprox.
Se a cota de neve baixa dos 900 metros, os puntos para poder desfrutala xa son moitos máis ao longo e ancho de todo o territorio.
Recorda consultar a previsión metereolóxica, comprobar como están os accesos á zona e non te poñas a ti nin aos servizos de emerxencia en ningún caso en perigo!
Fotos: Turgalicia