Curso de Cociña Local e Turismo
Queremos agradecer a participación a todas as persoas que viñestes onte ao noso curso de Cociña Local e Turismo.
Foi un pracer compartir e aprender con Javier Corrochano sobre tendencias emerxentes no mundo da #restauración e do #turismo: dixitalización, sostibilidade e vida saudable. Ademais, puidemos debater sobre como aplicar no territorio aspectos coma o uso de produtos locais e de tempada ou a cociña quilómetro cero.
Seguimos traballando para implementar xuntas/os estas tendencias e contribuír ao desenvolvemento do sector.
Unha boa oportunidade para aprender sobre o valor do produto local na cociña actual, tendencias do mercado e perfís dos novos clientes (#km0, #slowfood…), sustentabilidade e rendibilidade no negocio turístico, traballo en rede e clube de produto e oportunidades de financiamento.
Ainda te podes anotar para participar nesta formación que imparte o experto en estratexia e márketing orientado ao turismo Javier Corrochano.
Debido ao interese que está habendo, cambiamos o lugar onde se vai celebrar na Fonsagrada para un espazo máis amplo. Ahora será na Aula CEMIT que está na Rúa dos Chaos.