Os nosos ríos de montaña sempre tiveron a fama de dar boas troitas. Na actualidade hai varias piscifactorías que aproveitan as súas augas para criar troitas ben saborosas e nos restaurantes e casas de comidas do Xeodestino Ancares Terras de Burón, podes desfrutar delas.
Este mes de maio adicámolo ás Xornadas da Troita de Ancares Terras de Burón que dan comezo este venres 10 de maio e estenderanse ata o día 19 coa participación dos establecementos de restauración do territorio certificados co selo ‘Cociña de Ancares Terras de Burón’ e coa piscifactoría de Santalla, en Ribeira de Piquín como produtor certificado.
Restaurantes participantes
Neste listado podes atopar os establecementos que participan nas xornadas e as especialidades que preparan, así como os teléfonos para facer a túa reserva:
- Casa Sidrón – Pieiga, Negueira de Muñiz – Tel. 655 838 199
- Restaurante Rivera – Becerreá – Tel. 982 360 185
- Restaurante Boavista – Becerreá – Tel. 982 360 853
- Caserío Meiroi – Mosteiro, Navia de Suarna – Tel. 659 030 341
- Restaurante A Marronda – Baleira – Tel. 982 354 108
- Mesón Aarau – Navia de Suarna – Tel. 982 365 084
- Mercar troitas na Piscifactoría de Santalla – Ribeira de Piquín
Tes un restaurante ou casa de comidas e queres adherirte?
A inscrición permanece aberta e os hostaleiros interesados en participar nesta iniciativa poden anotarse chamando ao número de teléfono 659 275 743.
Entre o 10 e o 19 de maio, os restaurantes e casas de comidas que se adheriron a estas Xornadas da Tenreira de Ancares Terras de Burón elaborarán as súas receitas con este ingrediente e empregando sempre produtos de proximidade e de produción local, unha garantía que ofrece precisamente o feito de ter o distintivo da ‘Cociña de Ancares Terras de Burón’.



