A tenreira criada en Ancares Terras de Burón será a grande protagonista do que resta de mes de abril no Xeodestino. As xornadas dedicadas a este produto arrincan este venres 12 de abril e estenderanse ata o día 30 coa participación dos establecementos de restauración do territorio certificados co selo ‘Cociña de Ancares Terras de Burón’.
Esta iniciativa, promovida polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Montes e Vales Orientais, inclúe tamén unha gran degustación o sábado 27 de abril na Feira de San Marcos da Fonsagrada.
Restaurantes confirmados e receitas
Neste listado podes atopar os establecementos confirmados e as especialidades que preparan para estas xornadas, así como os teléfonos para facer a túa reserva:
- A Lareira – Chandevilar, As Nogais – Tel. 636 648 174
- Mesón Catro Ventos – Barbeitos, A Fonsagrada – Tel. 982 340 151
- A Tenda de Asgafon – A Fonsagrada – Tel. 607 610 468
- Mesón Catroventos – Catroventos, Cervantes – Tel. 982 36 45 49
- Restaurante Rivera – Becerreá – Tel. 982 360 185
- Restaurante Boavista – Becerreá – Tel. 982 360 853
- Recuncho D’Vane – Baleira – Tel. 618 966 710
- Restaurante A Marronda – Baleira – Tel. 982 354 108
- Restaurante Neireo – Baleira – Tel. 982 355 248
- Casa do Chao – Vilaverde, Navia de Suarna – Tel. 680 275 490
- Casa Sidrón – Pieiga, Negueira de Muñiz – Tel. 655 838 199 / 679 628 066
- Caserío Meiroi – Mosteiro, Navia de Suarna – Tel. 659 030 341
- Cafe Bar Xegunde – Navia de Suarna – Tel. 982 365 117 / 649 243 958
- Restaurante A Escola – Navia de Suarna – Tel. 982 365 251 / 661 561 058
- Mesón Aarau – Navia de Suarna – Tel. 982 365 084
Tes un restaurante ou casa de comidas e queres adherirte?
A inscrición permanece aberta e os hostaleiros interesados en participar nesta iniciativa poden anotarse chamando ao número de teléfono 659 275 743.
Entre o 12 e o 30 de abril, os restaurantes e casas de comidas que se adheriron a estas Xornadas da Tenreira de Ancares Terras de Burón elaborarán os seus pratos con este ingrediente e empregando sempre produtos de proximidade e de produción local, unha garantía que ofrece precisamente o feito de ter o distintivo da ‘Cociña de Ancares Terras de Burón’.
Gran degustación e máis xornadas
Así mesmo, o sábado 27 de abril levarase a cabo na Fonsagrada unha gran degustación de Tenreira Galega aproveitando a celebración da Feira de San Marcos, unha das principais feiras de gando do territorio.
Estas xornadas forman parte da aposta do GDR Montes e Vales Orientais por promocionar o consumo de produtos locais nos negocios de restauración da zona e así colaborar ao mesmo tempo co fortalecemento da economía local. Ao longo do ano iranse celebrando outras xornadas centradas nun prato ou ingrediente en cada ocasión. Neste mes de abril é a quenda da tenreira, que lle toma a remuda ao cocido de montaña, cuxa exaltación se levou a cabo durante o pasado mes de febreiro, aproveitando a celebración do Entroido.




