Blog · Ver o eclipse solar total de 2026 no xeodestino Ancares – Terras de Burón: unha experiencia única entre montañas

Ver o eclipse solar total de 2026 no xeodestino Ancares – Terras de Burón: unha experiencia única entre montañas

eclipse solar galicia ancares terras de burón

O 12 de agosto de 2026 Galicia converterase nun dos lugares privilexiados do mundo para observar un dos fenómenos astronómicos máis espectaculares que existen: un eclipse solar total.

Durante uns minutos, a lúa cubrirá completamente o sol e o día transformarase nunha especie de solpor repentino. Un momento único que non volverá repetirse con estas condicións en España ata o ano 2180.

Dentro de Galicia, hai un lugar que destaca especialmente para vivir esta experiencia: o Xeodestino Ancares-Terras de Burón, un territorio de montaña onde a natureza, o silencio e a escuridade do ceo crean o escenario perfecto para observar o eclipse.

eclipse solar 2026 ancares terras de burón galicia

Un dos mellores sitios de Galicia para ver o eclipse de sol.

Situado no extremo oriental da provincia de Lugo, na fronteira con León, o xeodestino Ancares-Terras de Burón é unha das contornas naturais mellor conservadas de Galicia.

A escasa contaminación lumínica fai que este lugar sexa perfecto para observar o ceo nocturno. Non por casualidade, Os Ancares están recoñecidos como destino Starlight, un selo que distingue os territorios con mellor calidade de ceo para a observación astronómica.

Durante o eclipse de 2026, contemplar como o sol desaparece detrás das montañas mentres a escuridade cobre os vales será unha experiencia difícil de esquecer.

Ademais do espectáculo astronómico, o territorio ofrece unha paisaxe espectacular formada por bosques frondosos, vales profundos, monumentos históricos e pequenas aldeas tradicionais que conservan a esencia do rural galego.

Concellos do Xeodestino Ancares – Terras de Burón para ver o eclipse solar: horarios.

Lugo será a provincia galega con maior presenza de franxa de totalidade, de feito, a maior parte do territorio estará en totalidade incluído o xeodestino Ancares-Terras de Burón.

Velaquí os horarios por municipio que forma parte do Xeodestino:

A Fonsagrada:

  • Inicio eclipse: 19:31:30
  • Fin eclipse: 21:21:49
  • Máximo: 20:28:29

Baralla:

  • Inicio eclipse: 19:31:54
  • Fin eclipse: 21:22:13
  • Máximo: 20:28:53

Baleira:

  • Inicio eclipse: 19:31:41
  • Fin eclipse: 21:22:03
  • Máximo: 20:28:41

Becerreá:

  • Inicio eclipse: 19:31:59
  • Fin eclipse: 21:22:15
  • Máximo: 20:28:57

Cervantes:

  • Inicio eclipse: 19:31:58
  • Fin eclipse: 21:22:11
  • Máximo: 20:28:54

Láncara:

  • Inicio eclipse: 19:31:56
  • Fin eclipse: 21:22:20
  • Máximo: 20:28:58

Meira:

  • Inicio eclipse: 19:31:19
  • Fin eclipse: 21:21:46
  • Máximo: 20:28:21

Navia de Suarna:

  • Inicio eclipse: 19:31:48
  • Fin eclipse: 21:22:02
  • Máximo: 20:28:44

As Nogais:

  • Inicio eclipse: 19:32:05
  • Fin eclipse: 21:22:18
  • Máximo: 20:29:01

Negueira de Muñiz:

  • Inicio eclipse: 19:31:31
  • Fin eclipse: 21:21:44
  • Máximo: 20:28:26

Pedrafita do Cebreiro:

  • Inicio eclipse: 19:32:14
  • Fin eclipse: 21:22:24
  • Máximo: 20:29:08

Pol:

  • Inicio eclipse: 19:31:27
  • Fin eclipse: 21:21:54
  • Máximo: 20:28:30

Ribeira de Piquín:

  • Inicio eclipse: 19:31:21
  • Fin eclipse: 21:21:45
  • Máximo: 20:28:22

A Pontenova:

  • Inicio eclipse: 19:31:05
  • Fin eclipse: 21:21:31
  • Máximo: 20:28:07

Se buscas fuxir das multitudes e gozar dunha contorna natural única e tranquila, o Xeodestino Ancares-Terras de Burón é para ti. Podes usar a nosa web para preparar a túa viaxe!

Que podes ler aquí?

Entradas relacionadas

maranfallos
Xeodestino

Entroiro nos Ancares: cando a identidade se agocha para celebrar en comunidade

Nalgunhas zonas dos Ancares, o entroido chámase entroiro. E non é un detalle menor. O nome fala dunha...
foto_carbon_libro
Xeodestino

Aprender da montaña: educación ambiental para viaxar de maneira responsable

Cada 26 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental, unha data que nos convida a reflexionar...
pontedosmazos
Xeodestino

Vive Ancares Terras de Burón a través das experiencias de ecoturismo

Ser un destino ecoturista non significa só conservar a natureza, senón ofrecer experiencias que permitan comprendela, sentila e...
torre-doncos-mirador
Xeodestino

Sete miradoiros que te deslumbrarán

Déixate seducir polo Xeodestino Ancares Terras de Burón gozando das panorámicas que proporcionan os impresionantes miradoiros que temos esparexidos polo noso territorio. Hoxe...