Rutas paisaxísticas slow driving

As rutas paisaxísticas slow driving son unha invitación a viaxar sen présas, gozando do camiño. Trátase de percorridos en coche por estradas secundarias, tranquilas e cheas de encanto. Nestas rutas, cada curva abre unha nova ventá á paisaxe: vales verdes, montañas que se alzan no horizonte, ríos que acompañan a viaxe e aldeas menos coñecidas e máis auténticas. Non se trata de chegar rápido, senón de mirar, parar, respirar e deixar que o territorio fale por si mesmo.
Viaxar así é unha forma de reconectar co lugar e de redescubrir o pracer de conducir. Ao ritmo pausado do slow driving podemos deternos nos miradoiros, probar a gastronomía local ou simplemente deixarnos sorprender polos detalles que aparecen no camiño.

Descubre as nosas estradas paisaxísticas

Para visualizar o mapa, acepta as cookies.
Preme aquí