Aviso legal e política de privacidade

Identificación do sitio web

ancaresterrasdeburon.gal

Identificación do propietario do sitio

En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI), a continuación expóñense os datos identificativos da entidade administradora deste sitio web.

  • NOME COMERCIAL: Xeodestino Ancares Terras de Burón
  • DENOMINACIÓN SOCIAL: Asociación Montes e Vales Orientais – GDR3
  • CIF: G27389139
  • DOMICILIO SOCIAL: Rúa Dr. Escobar, s/n, 27130 Baleira (Lugo)
  • TELÉFONO: 982 355 290 / 659 275 743
  • ENDEREZO DE CORREO ELECTRÓNICO: info@ancaresterrasdeburon.gal

Exención de responsabilidades

O acceso á web e o uso que se faga dos contidos da mesma é responsabilidade exclusiva de quen o realiza.
O Xeodestino Ancares – Terras de Burón non se fará responsable de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo que poida derivarse do uso inadecuado da información.

Así mesmo, non se responsabiliza dos contidos de ligazóns a terceiros aos que se fai referencia na web.

Aceptación das condicións de uso

A utilización da web é totalmente voluntaria e supón a aceptación plena por parte do usuario de todas as Condicións Xerais de Uso, vixentes en cada momento e dispoñibles nesta dirección. Polo tanto, o usuario deberá ler atentamente e aceptar sen ningún tipo de reserva a presente Política de Privacidade antes de realizar calquera operación, uso ou visualización dos contidos web.

O usuario comprométese, ademais, a non utilizar o sitio web, os seus contidos ou servizos de forma contraria á normativa vixente, reservándose o Xeodestino Ancares – Terras de Burón o dereito a retirar o acceso á presente páxina web, sen necesidade de aviso previo, a calquera usuario que contraveña o establecido nestas Condicións Xerais de Uso.

O Xeodestino Ancares – Terras de Burón resérvase o dereito a modificar en calquera momento as presentes Condicións Xerais de Uso, así como calquera outra condición xeral ou particular, regulamento de uso ou aviso que resulte de aplicación. Así mesmo, resérvase o dereito a modificar en calquera momento a presentación, configuración e localización do sitio web, así como as condicións requiridas para utilizar o mesmo.

Protección de datos persoais e comercio electrónico

O Xeodestino Ancares – Terras de Burón cumpre co establecido na Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD) e demais normativa que a desenvolve.

Para acceder a determinada información e contido, o usuario deberá darse de alta como tal, aceptando, conforme aos artigos 5 e 6 da LOPD, o tratamento dos seus datos persoais para ser incorporados ao noso ficheiro.

Así mesmo, quen deixe calquera tipo de dato persoal neste sitio web acepta de forma expresa, libre e inequívoca que os seus datos persoais sexan tratados polo prestador para as seguintes finalidades:
– Envío de comunicacións comerciais publicitarias por correo electrónico, SMS, redes sociais ou calquera outro medio electrónico ou físico, presente ou futuro, que permita realizar comunicacións comerciais por parte do prestador, sobre produtos e servizos relacionados co seu sector. Inclúense tamén as realizadas por colaboradores cos que a entidade teña establecido algún convenio de colaboración ou promoción comercial.
– Realización de estudos estatísticos.
– Xestión de encargos, solicitudes ou calquera tipo de petición realizada polo usuario a través de calquera das formas de contacto dispoñibles no sitio web.
– Envío do boletín de noticias da páxina web.

O Xeodestino Ancares – Terras de Burón informa e garante expresamente aos usuarios que os seus datos persoais non se cederán en ningún caso a terceiros. No caso de producirse algunha cesión, solicitaríase previamente o consentimento expreso, informado e inequívoco dos titulares.

Todos os datos solicitados a través da web son obrigatorios, xa que son necesarios para prestar un servizo óptimo ao usuario. No caso de non facilitar todos os datos, o prestador non garante que a información e os servizos ofrecidos se axusten completamente ás necesidades do usuario.

O Xeodestino Ancares – Terras de Burón garante en todo caso o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación, información e oposición, conforme á normativa vixente. O usuario poderá exercer os seus dereitos a través dos seguintes medios:

  • Correo electrónico: info@ancaresterrasdeburon.gal
  • Teléfonos: 982 355 290 / 659 275 743
  • Correo postal: Rúa Dr. Escobar, s/n, 27130 Baleira (Lugo)

O usuario poderá darse de baixa do seu rexistro en calquera momento mediante os sistemas automatizados habilitados para tal fin.

Así mesmo, o Xeodestino Ancares – Terras de Burón adoptou e seguirá adoptando todas as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade e integridade dos datos persoais que trate, así como para evitar a súa perda, alteración ou acceso por parte de terceiros non autorizados.

Seguridade

O sitio web utiliza técnicas de seguridade da información xeralmente aceptadas na industria, como cortalumes (firewalls), procedementos de control de acceso e mecanismos criptográficos, todo co obxectivo de evitar o acceso non autorizado aos datos.
Para este fin, o usuario/cliente acepta que o prestador obteña datos para efectos da correspondente autenticación nos controis de acceso.