O turismo en espazos rurais e protexidos. Encontros profesionais
Os vindeiros días 20 e 21 de xullo terán lugar dúas xornadas de encontros profesionais do sector turístico ao redor do desenvolvemento turístico en espazos protexidos.
O turismo rural, nas súas diversas modalidades (agroturismo, ecoturismo, enoturismo…) permite diversificar a economía rural con actividades innovadoras. Este é un factor clave para que se manteñan as formas de vida tradicionais, que modelaron as paisaxes culturais que se protexen na actualidade.
Conservar o patrimonio natural e cultural implica xestionalo. O obxectivo destes encontros é analizar o potencial do turismo como factor de desenvolvemento económico, social e ambiental.
Coa programación desta actividade, búscase abrir un proceso de debate sobre as posibilidades do territorio, presentar experiencias e casos de éxito que teñen un alto efecto demostrativo e tamén xerar dinámicas de relación entre os axentes locais implicados no sector (políticos, técnicos, profesionais, empresariado, persoas emprendedoras…).
O prazo para inscribirse nas xornadas remata o vindeiro 18 de xullo. As persoas que desexen participar, poderán indicalo no email montes.vales.orientais@gmail.com ou no teléfono 659 275 743.