Blog · O renacemento do viño nas Terras do Navia

O renacemento do viño nas Terras do Navia

Un grupo de adegueiros comezou anos atrás un traballo inxente para recuperar as viñas centenarias repartidas nos concellos de Negueira de MuñizA Fonsagrada e Navia de Suarna, todas dentro do territorio que abrangue o noso xeodestino. Hai referencias documentais da existencia de vides na zona datadas no século XIII e xa no século XV aparecen os primeiros regulamentos sobre restricións á elaboración e comercialización do viño, así coma os primeiros contratos, baixo a denominación de foros, en Negueira de Muñiz, á altura do ano 1468.

Moitas destas viñas (na imaxe da esquerda unhas pertencentes ás da Adega Sidrón)  permanecían ocultas pola maleza logo de décadas e décadas de abandono, pero o esforzo e implicación destes amantes do viño rematou cristalizando na recuperación de varios viñedos e a creación dalgunhas adegas para comercializar o viño que comezaron a producir e que se agrupan de forma colectiva baixo a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Terras do Navia.

Influencias do clima e a xeografía

territorio vinícola desta IXP esténdese polos vales da beira galega do río Navia, que forman a Serra dos Ancares e a Serra do Acevo. Trátase dunha zona de transición cara ao clima mediterráneo, cunha importante aridez estival -falta de chuvias- e unha ampla oscilación térmica entre o día e a noite. Estas características inflúen de xeito importante na cor, o aroma e o sabor da uva e o viño. Así mesmo, determina a súa calidade, que se ve acrecentada pola súa exposición Sur e Suroeste, ao igual que os chans profundosben drenados e de fertilidade moderada nas que se asentan estas viñas.

Tipos de uva e adegas

As variedades de uva que aparecen nas viñas da Montaña luguesa son, entre as brancas, as de Branco lexítimo, Albariño, Caíño Branco, Godello, Loureiro, Treixadura e Torrontés. Pola súa banda, entre as tintas danse a Albarín Tinto, Mencía, Merenzao, Brancellao, Caíño Tinto e Loureiro Tinto.

Esta fenomenal materia prima permitiu que nos últimos tempos fosen creándose distintas adegas para nutrir de compoñentes a IXP Terras do Navia. Deste xeito, cada vez son máis coñecidos no mundo vinícola de Galicia e Asturias, o mercado ao que máis chegaron tradicionalmente os viños da zona, nomes como Adega Panchín (Negueira), pioneira na elaboración de viños neste territorio; Adega Sidrón, tamén de Negueira; ou Bodega da Señora, que foi unha das últimas en incorporarse á IXP.

Festa do Viño e turismo

Cada terceiro fin de semana do mes de abril celébrase en Negueira de Muñiz a súa Festa do Viño (imaxe de Foto Manuel), un evento que vai medrando edición a edición no número de asistentes e na calidade dos caldos degustados. Esta feira é tamén unha ocasión fantástica para achegarse a coñecer e gozar dun territorio que a nivel paisaxístico ofrece unhas paraxes espectaculares polos vales e fortes pendentes que ten co río Navia e o encoro de Grandas de Salime como pano de fondo. Ademais, toda a zona conta cunha gran variedade de flora e fauna, destacando especialmente os bosques con árbores autóctonas como os carballos ou os castiñeiros. Tamén hai bosques de sobreiras, abineiros e freixos e, en definitiva, unha gran diversidade de vexetación nos vales e nas zonas de ribeira nas que medran estas viñas centenarias.

Que podes ler aquí?

Entradas relacionadas

WhatsApp-Image-2025-08-08-at-12.17.16-scaled
Xeodestino

Torés Escapado 2025: a memoria que revive

O vindeiro 9 de agosto, a pequena aldea de Torés, no concello das Nogais, volverá transformarse nun escenario...
Cabanas_de_Ancares3
Xeodestino

6 empresas da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses que teñen certificado de ecoturismo

A Casa do Bico, Naviaventours, a Casa O’ Crego, Las Cabañas de Ancares, o Hotel Piornedo e Equusquera son as seis empresas que ofrecen os seus...
Eo-Xunta
Xeodestino

4 empresas da Reserva Río Eo, Oscos e Terras de Burón con certificado de ecoturismo

A Tirolina da Mina (A Pontenova), Sons do Eo Apartamentos Turísticos (Baleira), a Casona de Labrada (A Pontenova)...
foto-grupo
Xeodestino

A 1ª Andaina Xubileo Ancares celebrouse entre San Pedro de Tortes e San Pedro de Cadoalla

A 1ª Andaina Xubileo Ancares, celebrada o pasado domingo 9 de febreiro, foi un auténtico éxito de participación e ambiente. Ducias...