A rede de micropaisaxes de Ancares – Terras de Burón

Unha ollada aos espazos singulares que nos rodean.

Ás veces non fai falta mirar lonxe para atopar a beleza. Está nas cousas pequenas que nos rodean: un recuncho escondido, a luz que entra entre as árbores, o murmurio dun regato ou o silencio dunha pequena capela. Descubrir esa grandeza das cousas pequenas que nos rodean consigue conectarnos co lugar que visitamos e con nós mesmos.

As micropaisaxes ensínannos a arte de deterse, de atopar beleza nun intre ou nun detalle que doutro xeito pasaría desapercibido. Son paisaxes singulares, recunchos do noso territorio, máis ou menos coñecidos, nos que deter a nosa mirada por un momento. Cando o pequeno se volve inmenso, comprendemos que o extraordinario tamén habita no sinxelo.

Puntos de interese das micropaisaxes

Para visualizar o mapa, acepta as cookies.
Preme aquí