Blog · Lugares nos que desfrutar coa neve no noso territorio

Lugares nos que desfrutar coa neve no noso territorio

As previsións apuntan que estes vindeiros días nos vai acompañar a neve en moitas zonas do noso Xeodestino, así que animámoste a vir desfrutar dela en distintas paraxes, pero sempre tendo en conta que as condicións meteorolóxicas e o estado das estradas e accesos permitan facer estes desprazamentos con total e absoluta seguridade.

Se non hai ningún impedimento, calza unas boas botas, abrígate ben e aquí che deixamos uns lugares nos que posiblemente te atopes cunha boa cantidade de neve e auténticas postais:

  • O Cebreiro (Pedrafita do Cebreiro). 1.330 metros aprox.
  • Piornedo (Cervantes). 1.100 metros aprox.
  • Pena do Pico (Becerreá). 1.200 metros aprox.
  • A Pintinidoira (As Nogais). 1.200 metros aprox.
  • Alto da Fontaneira (Baleira). 900 metros aprox.
  • A Fonsagrada. 900 metros aprox.

Se a cota de neve baixa dos 900 metros, os puntos para poder desfrutala xa son moitos máis ao longo e ancho de todo o territorio.

Recorda consultar a previsión metereolóxica, comprobar como están os accesos á zona e non te poñas a ti nin aos servizos de emerxencia en ningún caso en perigo!

Que podes ler aquí?

Entradas relacionadas

blog_xatb_casadobico (2)
Xeodestino

Casa do Bico: habitar a montaña, compartir o territorio

Na ladeira da montaña, entre paisaxe aberta e silencio de Ferrañol, en Becerreá, atópase Casa do Bico, un...
eclipse solar galicia ancares terras de burón
Xeodestino

Ver o eclipse solar total de 2026 no xeodestino Ancares - Terras de Burón: unha experiencia única entre montañas

O 12 de agosto de 2026 Galicia converterase nun dos lugares privilexiados do mundo para observar un dos...
maranfallos
Xeodestino

Entroiro nos Ancares: cando a identidade se agocha para celebrar en comunidade

Nalgunhas zonas dos Ancares, o entroido chámase entroiro. E non é un detalle menor. O nome fala dunha...
foto_carbon_libro
Xeodestino

Aprender da montaña: educación ambiental para viaxar de maneira responsable

Cada 26 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental, unha data que nos convida a reflexionar...