Festas e feiras gastronómicas

Sen dúbida, unha das mellores maneiras de coñecer un territorio é facelo gozando das súas festas e feiras gastronómicas. En Ancares Terras de Burón seleccionamos trece propostas gastronómicas, unha por cada concello do noso territorio. Todas dan unha boa mostra da gastronomía da montaña lucense e cinco delas están declaradas Festa de Interese Turístico Galego.