Láncara
Casas señoriais e natureza en estado puro
Percorrendo o concello de Láncara, será difícil non reparar nos numerosos pazos e casas señoriais que se asentan neste val, como poden ser o Pazo de Láncara ou a Casa Grande da Pobra de San Xiao. O río Neira, ten unha ribeira de gran riqueza natural, con fragas de carballos, castiñeiros e abeleiras que serven de refuxio a unha gran cantidade de fauna. A praia fluvial de Láncara e máis a de a Pobra de San Xiao, son espazos habilitados para o baño no verán e para o desfrute durante todo o ano. E dúas paradas recomendadas antes de deixar Láncara serán a ponte de Carracedo, de orixe romano pero con estrutura medieval, e o Museo Integrado de Maquinaria Agrícola Clásica.
Podes atoparnos aquí
Proxecta a túa visita a Láncara
Para visualizar o mapa, acepta as cookies.
Preme aquí
Entradas relacionadas con Láncara
Unha terra por descubrir. Acompáñanos!




