Axenda · XXXV Certame-Exposición de Gando Vacún de Pedrafita do Cebreiro
XXXV Certame-Exposición de Gando Vacún de Pedrafita do Cebreiro
Outros
Pedrafita do Cebreiro
Pedrafita do Cebreiro celebrará o domingo 20 de setembro a XXXV edición do seu Certame-Exposición de Gando Vacún, unha cita dedicada a poñer en valor a gandeiría e especialmente a raza Rubia Galega. A xornada incluirá a exposición dos animais, a valoración do xurado, unha subasta de novillas, animación musical e a entrega de premios.
Domingo, 20 de setembro
-
8:00 a 10:00 h. Inscrición e recollida de credenciais no recinto feiral.
-
10:30 h. Votación do xurado.
-
11:00 h. Pasarrúas a cargo da Charanga Louband.
-
12:00 h. Subasta de novillas inscritas no Libro Xenealóxico da raza Rubia Galega.
-
14:00 h. Entrega de premios no mercado gandeiro.