Axenda · Xornada técnica de cultivo de Shiitake

Xornada técnica de cultivo de Shiitake

Xornadas
Cervantes
13 de Decembro de 2025
10:30
San Román - Cervantes
CDR Ancares

O 13 de decembro hai un obradoiro práctico de cultivo de shiitake en San Román de Cervantes, organizado polo CDR Ancares.

Nel aprenderemos técnicas sinxelas para producir este cogomelo tan apreciado, coñecerás os seus beneficios e levarás contigo coñecementos útiles para poñelos en práctica na casa ou no teu proxecto.

Farase na Casa Reitoral de San Román de Cervantes a partir das 10:30h ata as 13:30h.

É unha actividade de balde pero require inscrición no 610527392 ou no correo ancarescdr@gmail.com