Axenda · Xornada Enoturística – IXP Terras do Navia
Xornada Enoturística – IXP Terras do Navia
Xornadas
Negueira de Muñiz
Xornada Enoturística para coñecer a Ruta dos Viños de Montaña da IXP Terras do Navia.
As persoas participantes poderán coñecer de preto este itinerario enoturístico a través de presentacións, visitas guiadas e unha cata comentada con produto local.
Dende o GDR Montes e Vales Orientais animámosvos tamén a descubrir o resto de itinerarios, unha oportunidade para achegarse á diversidade dos viños de Galicia e aos territorios que lles dan identidade.
Actividade gratuíta con prazas limitadas, pódese facer a través da web www.viños.ixp.gal ou neste formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe8AwrUTbGal3jX_L75xuUfXz19BQQvApRgCrkfQ1vxPkghLQ/viewform