Axenda · XIX Feira da Empanada de As Nogais

XIX Feira da Empanada de As Nogais

Feira, Festas
As Nogais
31 de Maio de 2026
10:00
Recinto Feiral - As Nogais
Comisión de Festas de As Nogais e AGACAL

A XIX edición da Feira da Empanada e produtos de Ancares de As Nogais arrincará o domingo 31 a partir das 10.00h coa apertura de postos.

No Recinto Feiral haberá a partir das 12.00h música coa Charanga DGT. Ás 13.00h misa solemne cantada pola coral “Cristo dos Ancares” e procesión coa Asociación Cultural Abrente de As Nogais”.

A partir das 13.30h comezará a degustación da empanada coa colaboración de AGACAL. Pola tarde volverá actuar a Asociación Cultural Abrente de As Nogais con música e baile tradicional.

Para a reserva dos postos é preciso falar co Concello no 982 364 092.